Muñeira

Muñeira
Oleo del pintor Portas Leirado

4 ago 2009

A miña dona


Dona dos meus ollos, muller sen tristeza,
muller que acolles os meus outos soños,
que lles das franqueza, de tecido xeito
posme dunha peza deixándome tolo,
énchesme a cabeza de amores sen conto,
de tenras promesas, que lle fago ao ceo,
para cando te vexa, entregarche todo.

Dona da mirada máis febre e tenra,
que a calquera home deixara abraiado,
con esa limpeza de olladas ganduxadas,
en certos momentos que fítate a miña alma,
coa paixón en xermolo e a arela avanzada,
non sei como me conteño, non sei como fago,
agacho as orellas e gardo o meu rabo.

6 comentarios:

fonsilleda dijo...

Tes estes días uns fermosos poemas que, ademais, encerran unha pequena chiscadela ao humor. Gústanme, agradécese que teñas unha dona así, como a que describes e eu tamén "agacho as orellas e gardo o meu rabo".
Bicos en acio

Mer dijo...

Sentimiento, cariño, admiración desde la humildad, dulzura...

Me ha encantado.

Biquiños ;-)

Unknown dijo...

Graciñas paisana, é unha ledicia ler os teus comentarios e é moi agradable para min que che gusten meus poemas.

Un acio de bicos para ti.

Unknown dijo...

Benvida Mer, é unha ledicia grande para min, saber da túa compaña nas miñas letras e alédome moito de que che gusten.

Un acio de bicos para ti.

Zarela Pacheco Abarca dijo...

Que bonita forma de referirse a ella. Me gustó mucho tu poema. Cariños para ti.

Unknown dijo...

Muchas gracias Zarela, celebro que te guste mi poema y te parezca bonita esa forma de referirme a ella.

Un afectuoso saludo.