Muñeira

Muñeira
Oleo del pintor Portas Leirado

25 jul 2009

Cándo?


Brincabas á miña beira co teu sorriso,
bulías levando cousas de acá para alá,
mentres eu te ollaba apaixoado
e ti dicíasme ¡agora xa!

Logo á tardiña xuntouse xente,
a todos ti atendías sen descansar,
mentres eu vixiaba o teu traballo
e ti dicíasme ¡agora xa!

Chegou a noite escura marcharon todos,
recollías e limpabas ate o chan,
mentres eu te fitaba desesperado
e ti dicíasme ¡agora xa!

Pero ao chegar á cama dis que non podes,
que estás moi cansa e non dás máis,
mentres eu que non miro porque non vexo,
durmome soñando ¡agora xa!

2 comentarios:

fonsilleda dijo...

Jajajajaja. Genial queridiño, estupendo. Ese punto de sentido del humor hacen del poema algo que se agradece leer, después de tanta seriedad derramada siempre.
Bicos. ¡Agora xa!
Perdón, se me escapó el castellano, ya no lo cambio.

Unknown dijo...

O humor era o ingrediente que amosaba salientar, por mor do que ti dis. Cumpría facer algo que se salira da norma, e velaí, ese é o froito.
Moitas grazas paisana, por seguir léndome e poñéndome os teus amables comentarios.

Un acio de bicos para ti.