Muñeira

Muñeira
Oleo del pintor Portas Leirado

6 may 2009

De pronto chegaches ti


Pisei un chanzo falso,
e a miña vida tornouse gris,
mais de pronto chegaches ti,
de primeiras, paseniño,
a modo.
E nun intre,
o arco da vella
cimbrou de súpeto
con todas as súas cores,
deixándome relaxado un tempo,
de azul pálido a ultramar profundo,
de verde amarelado a verdor escuro,
de marrón terroso a vermello apaixonado.
E xa non tiña acomodo en ningures,
sen a túa imaxe cerca de min,
onde queira que eu fora,
levábate no maxín,
se te tiña preto, mirábate engaiolado,
e se estabas lonxe, soñábate namorado.
Trocaches o meu mundo alumando a miña vida.

11 comentarios:

Brétema dijo...

"...Pisei un chanzo falso,
e a miña vida tornouse gris,
mais de pronto chegaches ti,
de primeiras, paseniño,..."

Embriagadora imagen para un buen poema, suave y cálido e intimista. Muy buena la armonía y la cadencia de los versos que fluyen frescos por las paredes del alma. Un saludo.

Unknown dijo...

Moitas grazas amigos de Brétema, pola vosa visita e por esas verbas dedicadas ao meu poema.
É un grato pracer tervos polas miñas letras.

Saúdos cordiais.

sara dijo...

Hola Balteu!! O teu blog gústame moito. A túa poesía e as tuas palabras aínda máis.
Seguireite escribindo e visitandote.
Grazas por pasarte polo meu blog.

Moitos bicos.

Sara.

Conchi dijo...

Gústame. É un poema de amor moi tenro, transparente, luminoso, cheo de cor.
Encántame a forma de colocar os versos. Lémbrame aos poetas do creacionismo que dispoñían os seus de xeito que formaban unha figura directamente relacionada co texto. O teu ten figura de muller. Moi imaxinativo...
Biquiños

Conchi dijo...

Cando digo figura de muller , quero dicir máis ben dunha boneca , pero en certo modo lévate a pensar no que di o poema...
Repito: Gústame

Unknown dijo...

É un pracer terte lendo os meus poemas, Sara, benvida, podes entrar cando queiras, é unha gran ledicia que che gusten.
Moitas grazas pola visita e por deixar a túa pegada.

Un acio de bicos para ti.

Unknown dijo...

Encantado de que che guste, Conchi, e de que o vexas así dese xeito que dis. Tes razón, a imaxe tenta ser feminina, pero non conseguín facelo como quería e unha costume.
Moitas grazas pola visita e por deixarme esas fermosas verbas, a xeito de pegada.

Un acio de bicos para ti.

Infiernodeldante dijo...

O amor chega alumando todo. E nada volve ser o mesmo cando non está preto. Os teus versos levan esperanza ao corazón, irmán. Sempre é un gusto pasear pola túa casa. Aínda que con demora, sempre vou detrás das túas letras. Deixo un abrzo.

Unknown dijo...

Certo, amigo Dante, así mesmo o vexo eu,non ai nada como ter preto a persoa amada.
É unha gran ledicia para min terte polas miñas letras e saber que che gustan.

Unha aperta, compañeiro.

fonsilleda dijo...

Cando o arco da vella alumea, todo torna fermoso e as cores son a expresión dos sentimentos.
Bicos

Unknown dijo...

É certo compañeira, moi boa a interpretación do meu poema. Alédome moito de ver aquí as túas verbas.
Graciñas polo teu acertado comentario.

Un acio de bicos para ti.