Muñeira

Muñeira
Oleo del pintor Portas Leirado

18 dic 2015

Lúa minguante


Noite pálida de lúa,
que se encolle,
noite, de lúa nacarada
que quere acocharse.

Lúa dunha albura que
case ofende por parecer pura,
lúa que avergoñada,
tenta de agacharse tras unha nube.

Mais é a súa luz a que
alumea a noite,
a que a escuras aluma
a este mundo que xira,
facendo que aínda en sombra,
podamos ver as cores.

É ela quen nos mostra
a ringleira de estrelas,
a que arrola o sono
dos pequenos,
ou a que aloumiña
o amor dos maiores.

É ela a que move
a pluma do poeta,
para poñer en letra
o que a súa luz mostra.

2 comentarios:

EL AVE PEREGRINA dijo...

Eusebio, beleza de poesía. Os meus parabéns.
Bo nadal.

Unknown dijo...

Moitas grazas, ave peregrina que detés o teu vo, para ler o meu poema e deixar a túa pegada ao carón das miñas letras.

Bo Nadal para ti tamén.