Muñeira

Muñeira
Oleo del pintor Portas Leirado

24 jun 2015

Orballo



Qué  pode tranquilizarme máis que ti.
Reláxasme de tal forma que cun sorriso

podo enfrontar os meus problemas,

chegas tan silencioso que non te escoito

e nembargante déixaste notar deseguida,

asumo a túa presenza permitindo que me invadas,

que me enchas,

a sabendas de que debo alongarme de ti

e tan só cando esvaras por riba de min,

cando empapas as miñas roupas,

déixote para eliminar os teus restos do corpo.

Porque ti, orballo que fecundas as terras,

que mollas sen facerme dano,

es parte do lenzo que mostra a miña terra,

es o frescor da miña face que evita as bágoas,

es a auga que acaricia,

a que convida a lavar as estatuas,

capaz de chamar ao sol, como pedindo perdón,

por levar a calma a os humanos.

8 comentarios:

fonsilleda dijo...

Fuches quen de facer do orballo algo con sentido común, que e moi bo que forme parte de nos..., de ti.
Saúdos.

Unknown dijo...

Graciñas polas túas comedidas palabras, por esa corta visita e polos saúdos.
Sabes que sempre es ben recibida amiga Ana, que me aleda moito a túa presenza por aquí e que me encantan os teus comentarios.

Mándoche unha morea de bicos.

RosaMaría dijo...

Qué bella descripción, una poesía que transmite la calma del orballo... Saludos

Unknown dijo...

Muchas gracias RosaMaría, me alegra mucho que te guste.

Bicos

Concha L. F. dijo...

Orballo. Alimento en tempo de sequía...

Unknown dijo...

Certo amiga miña, definícheo mellor do que o fixen eu.
Graciñas por pasarte e comentar.

Un bico.

Unknown dijo...

a escribiches ti?

Unknown dijo...

Aquí, so podo escribir eu e a túa pregunta parece dubidalo.
Así e todo, grazas por pasarte e deixar a túa pegada.