Non quero beixos
que me deixen pegadas de
hipocresía na pel,
non quero lavar a cara a
cada lume deses beizos.
Quero bicos de agarimo,
coma os que dan os
meniños que deixan a cor na meixela,
que deixan humidade nos
ollos,
quero bicos das persoas
que me queren,
que na súa aperta poñen a
calor do corazón.
6 comentarios:
Deixo un bico. Un no que podas ver un "non esquezo"
Vexo, vexo, xa sei que non esqueces, eu tampouco, pero o tempo fainos faragullos nos miolos e despístanos. Ademais os teus bicos son agarimosos sempre, os bicos dos amigos axudan a levar o día.
Un acio deles pra ti.
Pois bicos agarimosos para ti.
Feliz Aninovo!
Moitas grazas Concha, por acordarte de min nestas datas e pasar polo meu recuncho deixándome o teu agarimo.
Feliz Aninovo pra ti tamén e unha man chea de bicos.
Bicos de recordos e de ánimos novos . Qué teñas un bon ano, éste e 1200 máis. Feliz ano 2014
Moitas grazas Maribel, agradézoche que me recordaras e pasaras por aquí deixándome este fermoso comentario.
Bo Aninovo pra ti tamén este, e se cadra … máis de 1200.
Bicos pra ti, a cara chea deles.
Publicar un comentario