Muñeira

Muñeira
Oleo del pintor Portas Leirado

30 dic 2012

O cativo que quería copiar ao tío




Eu quero un café con ghotas
e despois lavala cunca con caña,
coma fai meu tío Xaquín.
 
 Eu quero ir cazar ao monte,
coa escopeta de dous tiros,
coma fai meu tío Xaquín.

Eu quero ir xogar ao fútbol,
ao campo ghrande do concello,
coma fai meu tío Xaquín.

Eu quero ter moitas noivas,
e darme bicos con todas elas,
coma fai meu tío Xaquín.

E dis que cando creza,
terei todo iso e moito moito máis,
coma seguro que ten o meu tío Xaquín.




Imaxe baixada de Google

2 comentarios:

Conchi dijo...

Gustame este poema.E sinxelo, tenroa e cheo desa inocencia que so posuen os nenos. E coma un regreso a infancia .

Unknown dijo...

Ben mirado paréceme certo, e que algunha vez deixamos de ser nenos? De cando en vez sáeme ese neno e pon cousas destas.
Graciñas por lerme e comentarme, alédome moito de que che gustase o poemiña.

Bicos.