Muñeira

Muñeira
Oleo del pintor Portas Leirado

1 abr 2010

Razóns para a volta


¡Ven! ¡agora! ¡xa!
esquece aquel momento
cubre de cinza ese día
porque preciso empezar
porque preciso ulirte.

Porque onte sentinte
preto dun lugar esquecido
que naceu dun desexo
que morto estaba, pensei.

Porque preciso pendurarme
do balcón dos teus ollos
e afogarme na corda
da túa desmesurada paixón.


Porque preciso da túa maxia
do maná que venden os teus ollos
porque é mellor recoller a auga do adeus
que deixar que a xeada do esquecemento a conxele.

4 comentarios:

fonsilleda dijo...

Creo eu, non sei se estou enganada, que o galego é o idioma perfecto para o amor, para a tenrura, para a evocación.
Moi bonito poema no que se pide un esquecemento para retomar a paixón antes de que tal esquecemento se asente.
Bicos

Unknown dijo...

Penso coma ti, o galego e o idioma da tenrura, da saudade, da morriña.
Graciñas por deixarme esas palabras tan sentidas coma sempre leal compañeira.

Un acio de bicos pra ti.

Maribel-bel dijo...

Porque preciso da maxia dos teus ollos, que aloumiñen os meus, sen nada máis nin nada menos, expresas un sentimento tan doce, sen dramatismos. Biquiños

Unknown dijo...

Graciñas Maribel, polo teu paso polas miñas letras deixándome as túas nese comentario tan sentido.

Un acio de bicos pra ti.