Muñeira

Muñeira
Oleo del pintor Portas Leirado

23 sept 2008

Para ver e non tocar

Amosábase unha vez, unha bolboreta,
livián, de fermosísimas cores,
mirábaa pasmado un cativo,
que ao ver que pousaba, a colle entre os dedos.
Cae o fino po das ás do insecto,
amedrentado pola fraxilidade a solta o neno,
e vai ao chan desfeita e sen brillo.
Tenta de voar, pero non pode,
dando tombos vai baténdose na terra
e o rapaz dille entre xemidos,
“Vete xa, fuxe, que te vai coller un bicho”
Sen darse conta de que o bicho xa a collera.

2 comentarios:

fonsilleda dijo...

Eu me laio pola bolboreta, pro pobre rapaz. Aprendeu con dor.
Doce poema

Unknown dijo...

Neste caso a bolboreta representa moitas cousas que pérdense pola man da xente, non tan moza, que non sabe o que toca.
Graciñas por deixar a túa pegada compañeira.