Muñeira

Muñeira
Oleo del pintor Portas Leirado

23 sept 2008

O tempo foxe

Alóxanse segundos en corpos de cera,
queimo minutos de triste espera,
arde o reloxo contando as horas,
canto máis o penso os días vanse fora,
os meses foxen do calendario,
os anos moven os díxitos ao seu antollo,
de tal sorte, que non saberás que ano corre,
tan só terás a pista, do meu abandono,
da ruína física do meu corpo,
do tráxico esperpento no que me convertín.
Xa conto o tempo en graos de area,
baleiro a praia alongando o momento,
cando o sol se pon, xiro o movemento,
do calidoscopio dos meus sentimentos,
afánome buscando aquí no máis fondo,
e só a auga co ir e vindo,
transporta esa grava que me vai facendo,
máis fráxil que antes, máis débil, lixeiro,
mentres o tictac que segue contando,
no seu longo camiño sen esperar a ninguén,
prosegue engadindo átomo a átomo,
construíndo unha vida que se vai morrendo.

No hay comentarios: