Muñeira

Muñeira
Oleo del pintor Portas Leirado

23 sept. 2008

Carta a Xan

Escríboche esta carta, Xan,
para que vexas que estou vivo,
non preciso nada de ti,
nin doutros seres queridos,
tampouco quero máis trato,
nin consello “de amigo,”
que de consellos e tratos,
teño o corazón ferido,
arranxar arranxareime,
como ata agora teño tido,
o pouco que necesito,
pola man teño collido,
non contestes estas letras,
xa me dou por respondido.

No hay comentarios: