Muñeira

Muñeira
Oleo del pintor Portas Leirado

23 sept. 2008

Ca Santa Compaña

Cantando as letanías ía eu,
Coa Santa Compaña,
Acercóuseme Mariquiña,
Cuberta coa súa saba,
- ¿Imos cara ao Campo Santo?
Dixo, coa súa cara branca,
- Seica sí, que alí nos imos,
Díxenlle eu, sen retrucarlle,
- E ti, ¿onde te has poñer?
- Pois non sei, non o pensei,
- E se..., ¿quedaramos xuntos?
- Quizais non estea ben visto,
- E que teño tanto frío...
Ademais con esta roupa,
Síntome como espida,
- Podo deixarche a miña,
Pois sentir, non sinto ren,
- Ti espido, dáme vergoña,
- O importante es ti,
Que che pase a friaxe
- E que se che ven os osos,
Algún telo moi branco,
- Xa teñen uns cantos anos
E están a se me desfacer.

No hay comentarios: