Muñeira

Muñeira
Oleo del pintor Portas Leirado

23 sept 2008

Aperta

A vin chegar e me entregou,
a súa liberdade con aquel lazo,
a tenrura abriulle paso a paixón
e esta desbocouse fundíndonos,
nun amor que durou…,
o que dura unha estrela fugaz no ceo,
o lazo final estaba desfeito,
sen ataduras corpóreas,
anque as nosas almas seguiron unidas.
Ate que co paso dos anos,
aquela semente que estaba durmida,
nun aeroporto volveuse a vida,
collinlle a cintura, das miñas mans perdida,
sentín a súa boca buscando a miña,
seu corpo mirrado aínda me quería,
non puiden rexeitala ¡seguía tan viva!
que aquela noite de lúa de mel…,
…de doce mel anque tardía,
de lonxevos bicos, de febles caricias,
entregouse enteira con amor e dicha,
e xurou que en vida, nunca desfaría,
o ditoso lazo que salvou dúas vidas.

4 comentarios:

Infiernodeldante dijo...

ás veces non sabemos cando, nin como, pero estreitamos lazos que sen pensalo vólvense nós. E o amor é como un mozo, din os que saben, que ata que non grita, ou chora, non se sabe que vive. Fermosas letras, Sir Balteu. é un gusto pasearme polos seus poemas. Un abrazo.

fonsilleda dijo...

A cotío os lazos rachan e ningúen acada maneira de refacelos.
Po-lo que a tua poesía leva un intre de esperanza, un desexo que decote temos.
Lindo.
Unha aperta

Unknown dijo...

Amigo Dante, é abraiante o teu comentario, polo ben que escribe galego un arxentino, emocióname lelo e agradézocho moito.
Quizá tes razón no que dis eses lazos sempre os tivemos perto. E tamén no amor, xa, ata que non grita ou chora semella esquecido ¿cantas veces é así? ¡sen dúbida!
Graciñas polas túas verbas.
Unha aperta.

Unknown dijo...

Aprezada paisana, así é, como dis, nembargantes as veces abonda ter unha raiola de esperanza.
Síntome satisfeito de que che guste e graciñas polo teu comentario.
Un bico.