Muñeira

Muñeira
Oleo del pintor Portas Leirado

2 jul. 2011

Queixume de violín

Entre algodóns de tristura
e o manancial de dor,
ao fondo debúxase o infinito,
anque os dedos non chegan
a saborear ó horizonte.

Sen embargo qué difícil é levar á existencia
cando xa se deu todo por perdido,
unha sinxela airexa deita un corpo
deixándoo inerte, sen vida.
Tal vez xa non a tiña, antes dese ar.

Non se ve fulgor ao remate do túnel,
quizais non exista esa pasaxe,
o cambiáron de sitio
ou sinxelamente está pechado
por pensamentos absurdos.

So un halo de luz brilla no límite da súa esperanza
e buscase ese limiar do gozo,
cos berros choromicas do violín de fondo
sen ter en conta os farrapos da alma,
nin o maltreito do corpo.

6 comentarios:

Concha López Fernández dijo...

Non ver a luz ao outro lado produce tanta anguria que nin a música máis doce pode calmar.

Balteu dijo...

Certo Concha, aínda que ó corpo no letargo da noite, enganase coa luz dalgunha estrela e é entón cando unha soave música pode engaiolarnos con un sono.

Bicos

Samarcangel dijo...

Grazas, é un verdadeiro pracer ler comentarios como o teu. Espero seguir véndoche por estos lares xa que por certo, os teus blogs son bastante interesantes. Un saúdo!

Pilar dijo...

Hermoso, rítmico,pero triste, amigo mío.
Besos mil
TQM

Balteu dijo...

Moitas grazas pola túa visita Samarcangel, o pracer é meu por lerte e tamén por terte polas miñas letras. Tentarei de seguir escribindo, lendo e comentando as túas entradas no teu blog.

Un cordial saúdo.

Balteu dijo...

Me alegro de que te parezca hermoso y triste? Claro Pilar, como la vida misma, de vez en cuando hay que plasmar ese lado también, aunque duela, porque es así.
Bicos muchos.

Yo también TQM.