Muñeira

Muñeira
Oleo del pintor Portas Leirado

25 oct. 2008

Pechen as fiestras


Chisss non fagan ruído, pechen as fiestras
que nada moleste, deixen todo en pausa
que durme a miña moza, adorada dama
ela está cansada, precisa calma
quédense silentes, a música baixa
ninguén a esperte que ela é miña dona
cando sexa a hora na que espertara
terame moi preto, ao lado da súa cama
dareille un bico e coma se nada
abrirá eses ollos que todo o abarcan
e ao mirarme neles rirá miña alma
chisss non fagan ruído, pechen as fiestras.

4 comentarios:

fonsilleda dijo...

"terame moi preto, ao lada de súa cama
dareille un bico e como se nada".
Me ha gustado mucho.
Como siempre sencillo, natural, con contenido, como si hubiese sucedido en realidad hace un rato.
Bicos.

Dante dijo...

"abrirá eses ollos que todo o abarcan
e ao mirarme neles rirá miña alma"

Como non reir a alma cando os ollos da muller amada son os que che miran? Fermoso poema, irmán. Unha vez máis, voume mudo pola transparencia e calidez das túas letras. Foi un gusto lelo. Un abrazo.

Balteu dijo...

Alédome moito de que che gustara paisana,
Realmente iso que dis é o que eu intento, que pareza natural e sinxelo, co lector nóteo perto de seu.
Graciñas polo teu comentario.
Un bico.

Balteu dijo...

É certo amigo Dante, nese intre estás no ceo, cheo de ledicia.
Graciñas compañeiro polas túas verbas, e que non teñas a menor dúbida que o gusto e meu por terte neste espazo comentándome.

Unha aperta.