Muñeira

Muñeira
Oleo del pintor Portas Leirado

15 jun 2012

Raíña miña




Coñézote desde hai moito tempo
e ámote en silencio e en segredo,
nunca cho dixen porque ti
sempre estabas colgada do brazo,
dalgún outro home.
Vexo a sorpresa pintada na túa faciana,
mais isto é algo que me bule dentro
desde fai moitos anos
e tiña que contarcho como fora
pois non podo gardalo máis tempo.
Se o home que te acompaña
non te trata coma ti mereces,
se cadra precisas outro adorador ,
raíña.miña

6 jun 2012

Un beixo oblicuo




Reducín a túa posibilidade de fuxir, a cero,
cando  che din un beixo oblicuo
cerrando a comisura dos teus beizos.

A miña lingua recolleu os teus pensamentos,
transmitindo as miñas papilas os teus movementos,
antes de que estes se orixinaran
e así pararte en seco.

Non foi necesario mover outro músculo,
porque todos eles se distenderon,
provocando máis bicos e sorrisos.



Imaxe copiada de Imaxes de Internet.

Sen título




Deixa que os corpos se toquen,
que conecten os seus camiños,
que ao percibir os sentidos,
todas as súas partes se encaixen.

Coa calidez do teu,
quero eu rozar meu corpo,
para que note o teu corpo,
a música do arrolo meu.

Así corpo a corpo unidos,
teu muiñar e meus anhelos,
desterraremos os celos,
que nos deixaron durmidos.

Que ese letargo sufrido,
en anos de abstraccións,
quebraron as ilusións,
que tíñamos compartido.

Sendo este amor desatino,
sen mirar razoamento,
deixarei a miña voz ao vento,
confiando no ser Divino.

24 may 2012

Estalido sen bomba




Qué difícil é sentir unha perda,
levando todo sempre dentro,
cómo asumir que non están
se aínda temos fresco o seu recordo,
qué podemos facer no espazo infinito do tempo,
se todo acabou e aínda os sentimos.

Non é verdade que o deserto do esquecemento,
chegue sen apenas percibilo e cubra os nosos recordos,
esa area voa na nosa memoria
e o vento da nostalxia descubre os corpos
que evocamos no pensamento,
facéndonos revivir aquelo que morreu.

Cada vez que chega o outono,
despréndome dos meus amores
como fan as arbores de folla caduca.
A veces miro ese espectáculo do desprendemento
e digo “outra folla, outro amor que se vai”
logo aparece o inverno que molla
e desfai eses follaxes nutrindo a terra,
os seus fríos endurecen os corpos,
os sumen nun letargo apático
e cando un, trasposto e somnolento
apenas pode abrir un ollo,
un raio do sol ilumina a escena,
todo se enche de cor brotando
botóns e novas follas que aledan
ao mais triste dos mortais.

16 abr 2012

A escada do esquecemento





Meu amor, subín a esqueira para chegar a os teus beizos

e a baixei de novo para ancorarme a os teus brazos,

cantas veces terémola recorrido arriba e abaixo,

buscándonos, tentando de esquivar os obstáculos que nos separaban,

que nos colocaban arriba a un e abaixo ao outro,

con chanzos polo medio,

que aos dous se nos facían arduos de recorrer,

así a escada entre ti e máis eu foi crecendo,

ata que a baixamos rolando

e deixando en cada banzo

parte do que nos costara construíla,

no último, tan baixo tíñamos caído,

que xa non nos coñecíamos e ao mirarnos,

so víamos as nubes do noso pasado

aloxándose tecidas de escuros cores.

Hoxe que din coa cabeza contra o chán,

que xa non me quedan chanzos que baixar,

dinme conta do brutal fracaso

e sentado no que posiblemente é o último banzo,

repasei a nosa historia paso a paso,

marquei os meus erros na pel coma tatuaxes

e xúroche que subirei esa escada de xeonllos

as veces que foran precisas,

ata que do meu pelexo se borren esas marcas

e podamos esquecer a escada.




Ilustración copiada de Grupo Búho

31 mar 2012

Sen dúbida





Creo que te quero,

sí, sen dúbida quérote,

a pesar do tempo que fai

que non nos vemos,

é máis, nin sequera

recordo o teu último beixo,

pero sí, quérote sen dúbida,

a pesar do tempo que fai

que non temos sexo,

xa non recordo en qué lugar

foi o último sitio onde

o temos feito,

pero a paixón so é

un cómplice do amor,

sí, aínda así quérote,

de isto non hai dúbida.

Sabes qué recordo ben?

o sabor a froitos do bosque

dos teus beizos carnosos,

aínda que tal vez era o carmín

que os envolvía e eu devoraba.

Realmente esquecinme

desde cando ocórreme isto,

creo que quérote de toda a vida,

sí, sí, sen dúbida ameite sempre.

15 mar 2012

Por non ver tanto horror

Fun ao xardín do silencio


e alí vin a túa imaxe impartindo paz

as animas que partían,
mostrando que non xulgas

se non que reconfortas coa túa compañía,

axudando a traspasar o limiar.



Sen embargo que por vontade propia

tapes os ollos para non ver,

fíxome pensar que algo grave

querías ocultarlle a túa vista.



O mausoleo e o recordo

aos nenos mortos nas guerras,

faime comprender que é a ignominia,

eses horribles crimes cometidos contra a inocencia,

o que fai que ocultes teus ollos

para non ver as caras dos culpables.



Estes mártires ignorados non terán a súa imaxe nos altares,

serán anónimas vítimas esquecidas,

sen sequera un lugar onde seus nomes figuren,

serán …, coma din os señores das guerras,

danos colaterais e seguirán morrendo por todo o mundo.





Imaxe copiada de Grupo Búho

13 feb 2012

Sempre espero que volvan

Deixei a porta aberta e se marcharon todos:


os amigos da infancia elixiron outros camiños

que non son coincidentes co meu,

a familia foise pouco a pouco case sen darme conta,

meus pais camiño do infinito indefinido,

meus irmáns non se despediron pero seguro que se afastaron,

dona, fillos ou calquera que a eles se pareza,

fai tempo que decidiron que estarían mellor fora,

meus amigos compañeiros de tantos anos de traballos,

quedaron ocupados nos seus asuntos e eu xubileinos,

os novos amigos camaradas e incluso confidentes da última afección,

entran e saen coa maior naturalidade, para iso son as portas …



Pero ben pensado, decidín que tirarei con esta,

por se algún día se lles ocorrira vir a todos xuntos,

non quero que se atoen, mellor que vexan que os espero

a todos eles cos brazos abertos.

12 ene 2012

Cristaliños de Swarovski



Ese ano que fuxe agochado

nas sombras da tristura,

lévase o amor dunha muller

feiticeira chea de galanura,

cuns olliños coma cristais de Swarovski

e unha voz melosa, agarimosa.

Pro a indiferenza murchou

toda flor de primavera desnortada.

Cavilou que iríalle mellor unha viaxe

que aturarme a min e deixoume

anclado no meu presente

sen posibilidade de albiscar o futuro con ela.

11 dic 2011

Haikus

Outono



O vento brúa

na baleira figueira,

non torna a roupa.



Decembro obriga,

sen follas e sen landras

quedou o carballo.



Xunto ao camiño

abateuse unha arbore,

cruza o destino




Ilustración copiada de Imágenes de otoño, en Internet