Qué difícil é sentir unha
perda,
levando todo sempre
dentro,
cómo asumir que non están
se aínda temos fresco o
seu recordo,
qué podemos facer no
espazo infinito do tempo,
se todo acabou e aínda os
sentimos.
Non é verdade que o
deserto do esquecemento,
chegue sen apenas
percibilo e cubra os nosos recordos,
esa area voa na nosa
memoria
e o vento da nostalxia
descubre os corpos
que evocamos no
pensamento,
facéndonos revivir aquelo
que morreu.
Cada vez que chega o
outono,
despréndome dos meus
amores
como fan as arbores de
folla caduca.
A veces miro ese
espectáculo do desprendemento
e digo “outra folla,
outro amor que se vai”
logo aparece o inverno
que molla
e desfai eses follaxes
nutrindo a terra,
os seus fríos endurecen
os corpos,
os sumen nun letargo
apático
e cando un, trasposto e somnolento
apenas pode abrir un
ollo,
un raio do sol ilumina a
escena,
todo se enche de cor
brotando
botóns e novas follas que
aledan
ao mais triste dos
mortais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario