Muñeira
31 mar 2012
Sen dúbida
Creo que te quero,
sí, sen dúbida quérote,
a pesar do tempo que fai
que non nos vemos,
é máis, nin sequera
recordo o teu último beixo,
pero sí, quérote sen dúbida,
a pesar do tempo que fai
que non temos sexo,
xa non recordo en qué lugar
foi o último sitio onde
o temos feito,
pero a paixón so é
un cómplice do amor,
sí, aínda así quérote,
de isto non hai dúbida.
Sabes qué recordo ben?
o sabor a froitos do bosque
dos teus beizos carnosos,
aínda que tal vez era o carmín
que os envolvía e eu devoraba.
Realmente esquecinme
desde cando ocórreme isto,
creo que quérote de toda a vida,
sí, sí, sen dúbida ameite sempre.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
Ás veces perdemos a memoria dese momento primeiro, no que descubrimos que amamos... Pero tanto ten cando empezou. O caso é conservalo, tarefa difícil onde as haxa!
Bicos.
Non fagas moito caso Concha, estas son ocorrencias do que non ten que facer e inventa. Tes moita razón no que dis, non é tarefa moi axeitada conservalo.
Graciñas por pasarte por acó e lelo deixándome a túa pegada.
Bicos
Publicar un comentario