Muñeira

Muñeira
Oleo del pintor Portas Leirado

31 mar 2012

Sen dúbida





Creo que te quero,

sí, sen dúbida quérote,

a pesar do tempo que fai

que non nos vemos,

é máis, nin sequera

recordo o teu último beixo,

pero sí, quérote sen dúbida,

a pesar do tempo que fai

que non temos sexo,

xa non recordo en qué lugar

foi o último sitio onde

o temos feito,

pero a paixón so é

un cómplice do amor,

sí, aínda así quérote,

de isto non hai dúbida.

Sabes qué recordo ben?

o sabor a froitos do bosque

dos teus beizos carnosos,

aínda que tal vez era o carmín

que os envolvía e eu devoraba.

Realmente esquecinme

desde cando ocórreme isto,

creo que quérote de toda a vida,

sí, sí, sen dúbida ameite sempre.

15 mar 2012

Por non ver tanto horror

Fun ao xardín do silencio


e alí vin a túa imaxe impartindo paz

as animas que partían,
mostrando que non xulgas

se non que reconfortas coa túa compañía,

axudando a traspasar o limiar.



Sen embargo que por vontade propia

tapes os ollos para non ver,

fíxome pensar que algo grave

querías ocultarlle a túa vista.



O mausoleo e o recordo

aos nenos mortos nas guerras,

faime comprender que é a ignominia,

eses horribles crimes cometidos contra a inocencia,

o que fai que ocultes teus ollos

para non ver as caras dos culpables.



Estes mártires ignorados non terán a súa imaxe nos altares,

serán anónimas vítimas esquecidas,

sen sequera un lugar onde seus nomes figuren,

serán …, coma din os señores das guerras,

danos colaterais e seguirán morrendo por todo o mundo.





Imaxe copiada de Grupo Búho

13 feb 2012

Sempre espero que volvan

Deixei a porta aberta e se marcharon todos:


os amigos da infancia elixiron outros camiños

que non son coincidentes co meu,

a familia foise pouco a pouco case sen darme conta,

meus pais camiño do infinito indefinido,

meus irmáns non se despediron pero seguro que se afastaron,

dona, fillos ou calquera que a eles se pareza,

fai tempo que decidiron que estarían mellor fora,

meus amigos compañeiros de tantos anos de traballos,

quedaron ocupados nos seus asuntos e eu xubileinos,

os novos amigos camaradas e incluso confidentes da última afección,

entran e saen coa maior naturalidade, para iso son as portas …



Pero ben pensado, decidín que tirarei con esta,

por se algún día se lles ocorrira vir a todos xuntos,

non quero que se atoen, mellor que vexan que os espero

a todos eles cos brazos abertos.

12 ene 2012

Cristaliños de Swarovski



Ese ano que fuxe agochado

nas sombras da tristura,

lévase o amor dunha muller

feiticeira chea de galanura,

cuns olliños coma cristais de Swarovski

e unha voz melosa, agarimosa.

Pro a indiferenza murchou

toda flor de primavera desnortada.

Cavilou que iríalle mellor unha viaxe

que aturarme a min e deixoume

anclado no meu presente

sen posibilidade de albiscar o futuro con ela.

11 dic 2011

Haikus

Outono



O vento brúa

na baleira figueira,

non torna a roupa.



Decembro obriga,

sen follas e sen landras

quedou o carballo.



Xunto ao camiño

abateuse unha arbore,

cruza o destino




Ilustración copiada de Imágenes de otoño, en Internet

8 dic 2011

Froito de cerna

Froito da conversa que tivemos,

pariches un razoamento

que foi crecendo,

cando comprendín

que era certo.



Eu son meu soamente

e ninguén me ten,

porque non me quere.



De primeiras asolagoume

e nada canto facía tiña xeito,

mais logo fun sacando

a faciana cara arriba

e chapuzando aínda

no meu desconcerto,

sentín latexar o meu peito,

enchéndome de savia nova,

ata a derradeira rama.





A ilustración é copia de Dibujos de árboles para colorear de Internet

1 dic 2011

Pasamento dun sen teito




Fuches deixando

que as cordas que tiñas coa familia,

afrouxaran ata perderse no espazo tempo,

e ben pensado,

xa nada te unía ao mundo,

decidiches entón que as necesidades do corpo

administrábalas ti,

así comías cando che petaba

e durmías no primeiro cuberto no que podías

meter o saco.

Vivías ao carón do que che daban,

acochando a mirada no alcohol de cartón,

envellecendo ese corpo de home aínda mozo,

apto para o traballo pola idade pero inadecuado

polo gastado e desfeito,

fuxiches da xente que che daba ordes,

dos que che dicían como e cando tiñas que facer

isto ou aquilo,

dos que querían terte preto para controlarte.

Realmente sempre fuches coma un can sen dono,

desconfiando da man dos humanos

e disposto a saír correndo se a movían cara a ti.

Realmente non deixaches de ser o pequeno

que espera que súa nai o durma no berce,

ou nese saco no que semellas aniñarte.

15 nov 2011

Espinelas do rincón do Macondo.

Estou preto dos poetas,
inanimado sen fala,
facéndome oco na sala.
Notable o mesmo cas letras,
mais que non sempre discretas,
postas nos beizos Diversos,
que non so derraman versos
nas súas sesións matinais.
Ben sabido que xamáis,
tornaranse moi dispersos.

Desde o meu posto ben vexo
que é o que len estes vates,
que dos textos fan debates
sen deixar dubida algunha,
resumindo o dito nunha
acta e memoria do día,
que describe a maioría
do que aquí fan estes bardos,
que xuntos e sen encargos
gozan dun café a porfía.

9 nov 2011


Onte a noite soñei co sol do teu sorriso


e unha calor pendurou nos meus beizos a flor da ledicia,

nin imaxinarte podes comprender o meu gozo,

atopei un intre de felicidade, mais …

ao espertar e notar a túa falta,

nuboeiros cheos de auga bateáronme a face.

23 sept 2011

Sentimento



Liberado de ataduras compartidas,
con este corpo de invernos enquistados,
busquei para darche floracións,
atopando sazonado no teu
un arco da vella de sabores que me enche,
unha paisaxe familiar que me abraia,
un gozo que excede o humano,
para enterrarse na profundidade dos soños,
aqueles nos que a un delátalle o sorriso.

É cruzando o deserto cando a súa area,
non chega para encher tanto reloxo,
e as estrelas tan luminosas e tan fermosas
non che dan a posibilidade de contalas,
pero recreado nese paraxe nocturno,
é cando doume conta da dimensión
dese entrañable sentimento que atesouras,
é nesa soidade onde recoñezo
o cariño que envorcas na miña humilde persoa.