Muñeira

Muñeira
Oleo del pintor Portas Leirado

15 mar 2013

Es un anxo?



Teño calosidade nos ollos de tanto mirarte
e as pálpebras semellan estar fixas
por non perder ningún detalle teu.

Mesmo con coñecer de memoria a túa silueta,
gústame percorrela coa vista ao contraluz,
pois esa figuriña que tes tenme encantado
e babeo coma un bobo cada vez que te teño diante,
so volvo en min cando me falas
e aínda que me gusta escoitarte,
relaxo a visión co teu contorno.

As veces paréceme ver as nas túas costas
e penso que certamente es un anxo,
pois so un ser así pode facer tanto ben aos demais
sen pensar nel
e síntome privilexiado por coñecerte.

O terrorista do verso

Levo un tempo encabuxado
por mor de non ter comunicación contigo.
 
As veces síntome tan violento,
que penso en volverme terrorista da palabra,
e poñerte bombas de letras que estalen ao teu paso
e que caian ao chan compoñendo frases e versos,
que debuxen a túa face sen beizos e coas cellas ergueitas.
 
As veces síntome tan orfo da túa consideración,
que penso inmolarme co lume de vocábulos ardentes,
ou poñerme con unha pancarta na que diga,
que non me dis nada e que me tes deixado da voz.
 
As veces síntome tan lonxe da túa vontade,
que ocorréseme facerche camiños de linguaxe,
para que che sexa máis fácil tomalos e achegarte a min.

5 mar 2013

Tes o meu corpo



Tes o meu corpo,

xa, tes o meu corpo pero non o meu espírito,

a miña anima, o meu sentimento máis profundo.



Tes o meu corpo e de il fas todo canto queres,

noto como obedece todos os teus requirimentos,

pero o meu espírito vaga libremente,

por campos de flores,

de cores que nin imaxinarte porías.



Me tes e son o teu escravo,

meu corpo está presto a atender

ata a máis leve das túas indicacións,

pero a miña mente …

ah, ela cruza vals fermosísimos,

perdese entre nubes de imaxinarias figuras

e consegue evadir sorrisos por entre os barrotes dos meus dentes.

6 ene 2013

Anónimo (sen nome)




Hoxe maldicín o teu nome recordándote,
 
maldicinte por ter que recordarte sen poder mirarte,

por non poder bicarte,

por non poder acariñar a túa pel,

por non ter os teus aloumiños,

nin os teus bicos,

por ser so unha imaxe no meu maxín,

sen poder escoitar a túa voz,

nin poder dicirche que te sigo querendo..

30 dic 2012

O cativo que quería copiar ao tío




Eu quero un café con ghotas
e despois lavala cunca con caña,
coma fai meu tío Xaquín.
 
 Eu quero ir cazar ao monte,
coa escopeta de dous tiros,
coma fai meu tío Xaquín.

Eu quero ir xogar ao fútbol,
ao campo ghrande do concello,
coma fai meu tío Xaquín.

Eu quero ter moitas noivas,
e darme bicos con todas elas,
coma fai meu tío Xaquín.

E dis que cando creza,
terei todo iso e moito moito máis,
coma seguro que ten o meu tío Xaquín.




Imaxe baixada de Google

De onde ven o vento?




Este que brúa na porta do forno,
 
non é o vento do norte, se non o mesmo demo,

que vendo o lume co que imos cocelo pan,

pensa que é un pouco do seu territorio,

así que trae a auga bendita pra espantalo,

que é capaz de torrarnos toda a fornada.


Ese ventiño airado que zoupa no faiado,

éche o do norte que está resentido,

por pecharlle as fiestras e as contras,

vai e ábrellas que non hai rem que poida voar.


O vento que ven do lado do muíño,

é o ar do val que énchenos de orballo,

mañá haberá que recoller o millo e secalo,

denantes de gardalo no cabazo.