Tes o meu corpo,
xa, tes o meu corpo pero non o meu espírito,
a miña anima, o meu sentimento máis profundo.
Tes o meu corpo e de il fas todo canto queres,
noto como obedece todos os teus requirimentos,
pero o meu espírito vaga libremente,
por campos de flores,
de cores que nin imaxinarte porías.
Me tes e son o teu escravo,
meu corpo está presto a atender
ata a máis leve das túas indicacións,
pero a miña mente …
ah, ela cruza vals fermosísimos,
perdese entre nubes de imaxinarias figuras
e consegue evadir sorrisos por entre os barrotes
dos meus dentes.
2 comentarios:
Esa disgresion entre corpo e mente pode chegar a facer daño, a mancar o corazón...
Tes razón Conchi, pro, somentes recibe dano o que non está preparado para esa disgregación.
Graciñas por lerme e poñer tan interesante comentario.
Publicar un comentario