por mor de non ter
comunicación contigo.
As veces síntome
tan violento,
que penso en
volverme terrorista da palabra,
e poñerte bombas
de letras que estalen ao teu paso
e que caian ao
chan compoñendo frases e versos,
que debuxen a túa
face sen beizos e coas cellas ergueitas.
As veces síntome
tan orfo da túa consideración,
que penso inmolarme
co lume de vocábulos ardentes,
ou poñerme con
unha pancarta na que diga,
que non me dis
nada e que me tes deixado da voz.
As veces síntome
tan lonxe da túa vontade,
que ocorréseme facerche
camiños de linguaxe,
para que che sexa
máis fácil tomalos e achegarte a min.
No hay comentarios:
Publicar un comentario