Dixen que te erguería ao ceo e serías
aclamada.
Floreciches aquela primavera coma unha rosa,
a túa fama subiu coma un globo de helio
e aínda que ao principio recoñeciches o
meu traballo,
mostrándote xenerosa e de bon trato,
logo esqueceche o noso acordo
esquivando o canon e a presenza,
aletargándote nun inverno sen volta,
houben de facer sitio a outras máis novas,
cumpridoras dos pactos
e tiven que baixarte,
ao mesmo sitio do que saíras.
Comprende que eu vivo disto,
que non me importa quen está enriba ou
debaixo,
a todas acomodo e teño o meu prezo,
aviseite de cumprir o noso contrato,
pero ti, na cima da fama,
pensaches que eras poderosa e hábil
para deixarme de lado evitando o pago,
que coma enchías o aforo da sala,
eras independente e non me precisabas,
agora ¿por qué me miras?
o teu tempo rematou.
5 comentarios:
Na primeira mitade vinme reflexada.
Pero, aquí veño, xa chego, estarei agardando coma sempre.
Moi boa a entrada, boíxima tamén a deliberación implícita.
Vou de vagar. Non esquezo nada.
Pois non, so trato de reflectir esa imaxe dunha profesión moi antiga, coma era a de Xefe de clá.
Non sempre se consigue e se cadra faltoume ser máis explícito.
De calquera xeito, agradézoche moito o teu paso por aquí deixando a túa impronta e déixote o que esqueceche.
Unha man chea de bicos.
Boa reflexión sobre o matriarcado. No entanto deberías revisar a colocación pronominal, "que ergueríate" por exemplo (o relativo fai que teñas que pór o pronome antes) Eu persoalmente non uso moito os reflexivos /recírpocos en galego, por exemplo, o teu tempo "acabou".
Benvido ao meu curruncho, agradézoche a túa participación neste blog e penso que tes razón no que me dis do comezo, o final non o cambiarei pois é radical.
É posible que non sexa moi explícito no meu poema, pois non é a miña intención reflexionar sobre o matriarcado. Tratase de expoñer o que facían os homes de esta antiga profesión, de aí o título.
Atopeino! Grazas pola visita e a resposta!
Publicar un comentario