Levaba un bo
tempo matinando
o que ía facer,
era rebelde,
estaba contra o
sistema establecido e
quería voar
contra corrente,
dicía que non era
unha ovella.
Pendurouse outro
pouco e
ao fin de contas
…,
quén quere ser a
primeira
en cambialo
mundo,
é moi traballoso
e …
total non che fan
caso
é moita
responsabilidade,
é mellor facer
coma todas,
que o vento leve
a onde queira,
se hai que
tirarse ao chan e
nos pisan, que o
fagan,
que loiten
outros,
estase tan cómodo
sen facer nada …,
xa sairemos de
esta,
¡é mellor non
pensar!
Ilustración copiada de Fotos y dibujos de Internet
6 comentarios:
É unha bonita metáfora. E non é tan malo nin cativo, tal como van as cousas, deixarse levar por o ar. As veces, como dis no poema é mellor non matinar..., sin deixar de ser ti mesmo.
Moitas grazas prezada Ana, por deixar a túa pegada nas miñas letras. Penso eu que é malísimo deixarse levar polo ar do que goberna, pois il cre que “o que cala otorga” e encontrase favorecido polo silencio, o que pasa é que isto é de tal proporción que ninguén fai nada e como estamos todos aborregados comeranos o lobo.
Coido que en un poema de Curros dicía falando de Rosaía: "comesta dos lobos, comesta morreu"
¿O mundo xira?.
Mais bicos tamén
Vai sin reler e mal, loxico.
E fermoso deixarse levar pola airexa do outono e que ela te conduza a lugares descoñecidos!
Xa, tes razón que é fermoso o que dis, mais neste outono no que voan moitas máis cousas que as follas, e triste ver que a pesar de que vemos que nos rouban, ninguén fai nada por amañalo, estamos coma ai anos, mexan por nos e dicimos que chove.
Grazas pola túa visita e o positivo comentario.
Publicar un comentario