e alí vin a túa imaxe impartindo paz
as animas que partían,
mostrando que non xulgas
se non que reconfortas coa túa compañía,
axudando a traspasar o limiar.
Sen embargo que por vontade propia
tapes os ollos para non ver,
fíxome pensar que algo grave
querías ocultarlle a túa vista.
O mausoleo e o recordo
aos nenos mortos nas guerras,
eses horribles crimes cometidos contra a inocencia,
o que fai que ocultes teus ollos
para non ver as caras dos culpables.
Estes mártires ignorados non terán a súa imaxe nos altares,
serán anónimas vítimas esquecidas,
sen sequera un lugar onde seus nomes figuren,
serán …, coma din os señores das guerras,
Imaxe copiada de Grupo Búho
4 comentarios:
Canta verdade xunta reflexan as túas palabras neste triste poema.
Unha aperta, amigo.
Graciñas por deixarme a pegada do teu paso polas miñas letras.
Bicos, compañeira.
Sempre as crianzas son as que levan a peor parte.
Moi certo canto dis. Estremecedor.
Un bico.
Moitas grazas Concha, por pasar polas miñas letras e deixar o teu pensamento ao respecto.
Tes razón é estremecedor, mais e raro que alguén faga algo por impedilo.
Bicos
Publicar un comentario