Muñeira

Muñeira
Oleo del pintor Portas Leirado

13 nov 2008

Lixeira coma o vento

Coma o vento que fuxe, así es ti,
correndo a todas partes, sen deter.
Déixame que esgote a miña anima,
na procura da túa ledicia, ¡meu ben!

Coma o vento do norte, así es ti,
meténdote por todas as rendixas
do corazón das persoas,
e deixándolles un tremor de friaxe evanescente.

Coma esa ventada que arremuíña
os papeis nas rúas das cidades,
ou as follas dos carballos nos montes,
así es ti, toda enerxía que barre as angustias da xente.

8 nov 2008

Dóame esa voz

Con só unha palabra túa,
o meu ánimo sublímase,
bórranseme os recordos,
non sei nin por onde ando.

Con esa palabra túa,
dáslle as a miña anima,
cruzo mares e desertos,
e todo o farei voando.

Se teño esa palabra túa,
o corazón pedirá calma,
para non agachar sentimentos,
e poder seguir amando.

3 nov 2008

O ar…

O ar de paxaros,
morno e nidio,
trae lembranzas esquecidas,
e un recendo a niño vello,
a ovos sen pitos,
caducados.
O ar de plumaxes variados,
enrarecese por momentos,
e ate fede,
a orgasmos levedados,
a carne e sangue podre,
a mexos sen esquinas, resecados.
O ar quentase máis agora,
cando o disco vermello proxectado,
abrásanos coa súa chuvia caladora,
facéndonos suar por riba do pasado.
O ar que penetra nos sentidos,
resécanos as entrañas e as venas,
deixando os nosos mundos consentidos,
entrando no que non vimos apenas.

25 oct 2008

Pechen as fiestras


Chisss non fagan ruído, pechen as fiestras
que nada moleste, deixen todo en pausa
que durme a miña moza, adorada dama
ela está cansada, precisa calma
quédense silentes, a música baixa
ninguén a esperte que ela é miña dona
cando sexa a hora na que espertara
terame moi preto, ao lado da súa cama
dareille un bico e coma se nada
abrirá eses ollos que todo o abarcan
e ao mirarme neles rirá miña alma
chisss non fagan ruído, pechen as fiestras.

5 oct 2008

…nada

Remato de prostituír o meu poema,
quen o queira que o pague,
tamén vendín a miña ánima,
xa non me serve está moi negra,
o corazón vendinllo…
a un chatarreiro que o precisaba,
e o resto coma non interesaba,
queimeino no forno da casa,
para que non contaminara,
non deixo herdanza para non meter
a ninguén en gastos nin molestias.
Así pois non estou, nin serei máis,
tan so unha sombra macabra,
de quen puido ser, e non é nada.

23 sept 2008

Aperta

A vin chegar e me entregou,
a súa liberdade con aquel lazo,
a tenrura abriulle paso a paixón
e esta desbocouse fundíndonos,
nun amor que durou…,
o que dura unha estrela fugaz no ceo,
o lazo final estaba desfeito,
sen ataduras corpóreas,
anque as nosas almas seguiron unidas.
Ate que co paso dos anos,
aquela semente que estaba durmida,
nun aeroporto volveuse a vida,
collinlle a cintura, das miñas mans perdida,
sentín a súa boca buscando a miña,
seu corpo mirrado aínda me quería,
non puiden rexeitala ¡seguía tan viva!
que aquela noite de lúa de mel…,
…de doce mel anque tardía,
de lonxevos bicos, de febles caricias,
entregouse enteira con amor e dicha,
e xurou que en vida, nunca desfaría,
o ditoso lazo que salvou dúas vidas.

Vaste ?

Se queres fuxe, pero…
Onde vas sen amor,
Sen o acariñar duns belfos
Que che recorden ese quecer,
Sen o acariñar dunhas mans
Que percorran o teu corpo,
Notando e provocando a súa presenza,
Sen o roce continuado do corpo perto,
Sen a mirada case furtiva
E rigorosamente de feito cómplice,
Sen as verbas axeitadas
Que che fagan pensar, ou non,
Pero que che demostren que non estás so.

Sen intención

Dinlle un bico de amigo
e na súa boca quedou collida a miña alma
seus dentes asexaban a miña lingua
súas mans a miña pel cultivaban
as miñas tamén a buscaron
parándose nas nádegas
seguiu refregando e buscando
ate atopar o que desexaba
deixoume a boca libre
baixando ate onde el estaba
relamendo, chuchando, comprobando
o poder da turxescencia fixada
erguín ao ceo as mans
e nos seus peitos as pousaba
tenteei a súa dureza, seus pezóns erguidos
dinlle a volta a meu corpo
para ver de axudala
na labor que tiña
que a min xa me apuraba
cadrando a miña boca
con a cova que soñaba
explorei en derredor
e a entrada que enseaba
penetrando sen temor
coa miña lingua desbocada
bebín de aquela fonte
o líquido que brotaba
mais a urxencia e rigor
un abrazo reclamaba
colocándose enriba de min
na postura a carranchas
baixábase, subíase
e a min xa me chegaba
mais de súpeto xirouse
dicíndome que a montara
¡qué pracer case infinito!
foi a mellor cabalgada
con amigas como esta
non preciso de máis nada.

O tempo foxe

Alóxanse segundos en corpos de cera,
queimo minutos de triste espera,
arde o reloxo contando as horas,
canto máis o penso os días vanse fora,
os meses foxen do calendario,
os anos moven os díxitos ao seu antollo,
de tal sorte, que non saberás que ano corre,
tan só terás a pista, do meu abandono,
da ruína física do meu corpo,
do tráxico esperpento no que me convertín.
Xa conto o tempo en graos de area,
baleiro a praia alongando o momento,
cando o sol se pon, xiro o movemento,
do calidoscopio dos meus sentimentos,
afánome buscando aquí no máis fondo,
e só a auga co ir e vindo,
transporta esa grava que me vai facendo,
máis fráxil que antes, máis débil, lixeiro,
mentres o tictac que segue contando,
no seu longo camiño sen esperar a ninguén,
prosegue engadindo átomo a átomo,
construíndo unha vida que se vai morrendo.

Para ver e non tocar

Amosábase unha vez, unha bolboreta,
livián, de fermosísimas cores,
mirábaa pasmado un cativo,
que ao ver que pousaba, a colle entre os dedos.
Cae o fino po das ás do insecto,
amedrentado pola fraxilidade a solta o neno,
e vai ao chan desfeita e sen brillo.
Tenta de voar, pero non pode,
dando tombos vai baténdose na terra
e o rapaz dille entre xemidos,
“Vete xa, fuxe, que te vai coller un bicho”
Sen darse conta de que o bicho xa a collera.