Remato de prostituír o meu poema,
quen o queira que o pague,
tamén vendín a miña ánima,
xa non me serve está moi negra,
o corazón vendinllo…
a un chatarreiro que o precisaba,
e o resto coma non interesaba,
queimeino no forno da casa,
para que non contaminara,
non deixo herdanza para non meter
a ninguén en gastos nin molestias.
Así pois non estou, nin serei máis,
tan so unha sombra macabra,
de quen puido ser, e non é nada.
quen o queira que o pague,
tamén vendín a miña ánima,
xa non me serve está moi negra,
o corazón vendinllo…
a un chatarreiro que o precisaba,
e o resto coma non interesaba,
queimeino no forno da casa,
para que non contaminara,
non deixo herdanza para non meter
a ninguén en gastos nin molestias.
Así pois non estou, nin serei máis,
tan so unha sombra macabra,
de quen puido ser, e non é nada.
5 comentarios:
Tristes letras, compañeiro. Imposible non ser nada escribindo asi. Moi bo. Foi un gusto lelo. Un abrazo.
Xa cho dixen noutro recuncho no tan pequeno, gustoume moitísimo esta poesía, Coido que quedou redonda. De cando en vez volverei a leéla. Así síntome as veces...
Graciñas Dante, amigo, non tan tristes, ao fin e ao cabo é o que ai, o gusto e meu por atoparte por aquí.
Unha forte aperta.
Alédome moito de que che gustara compañeira, lea cando queiras e oxalá sírvache de algo.
Graciñas por deixar a túa pegada.
Un bico.
¿y yo que hago aquí? si no me entero de la mitad... pero empeño... que no se diga
bicos moitos
Vas aprendendo Froi, xa dis moi ben “bicos moitos” e iso e moi importante.
Graciñas polo teu empeño e por dicilo aquí.
Un biquiño.
Publicar un comentario