Muñeira

Muñeira
Oleo del pintor Portas Leirado

5 oct 2008

…nada

Remato de prostituír o meu poema,
quen o queira que o pague,
tamén vendín a miña ánima,
xa non me serve está moi negra,
o corazón vendinllo…
a un chatarreiro que o precisaba,
e o resto coma non interesaba,
queimeino no forno da casa,
para que non contaminara,
non deixo herdanza para non meter
a ninguén en gastos nin molestias.
Así pois non estou, nin serei máis,
tan so unha sombra macabra,
de quen puido ser, e non é nada.

23 sept 2008

Aperta

A vin chegar e me entregou,
a súa liberdade con aquel lazo,
a tenrura abriulle paso a paixón
e esta desbocouse fundíndonos,
nun amor que durou…,
o que dura unha estrela fugaz no ceo,
o lazo final estaba desfeito,
sen ataduras corpóreas,
anque as nosas almas seguiron unidas.
Ate que co paso dos anos,
aquela semente que estaba durmida,
nun aeroporto volveuse a vida,
collinlle a cintura, das miñas mans perdida,
sentín a súa boca buscando a miña,
seu corpo mirrado aínda me quería,
non puiden rexeitala ¡seguía tan viva!
que aquela noite de lúa de mel…,
…de doce mel anque tardía,
de lonxevos bicos, de febles caricias,
entregouse enteira con amor e dicha,
e xurou que en vida, nunca desfaría,
o ditoso lazo que salvou dúas vidas.

Vaste ?

Se queres fuxe, pero…
Onde vas sen amor,
Sen o acariñar duns belfos
Que che recorden ese quecer,
Sen o acariñar dunhas mans
Que percorran o teu corpo,
Notando e provocando a súa presenza,
Sen o roce continuado do corpo perto,
Sen a mirada case furtiva
E rigorosamente de feito cómplice,
Sen as verbas axeitadas
Que che fagan pensar, ou non,
Pero que che demostren que non estás so.

Sen intención

Dinlle un bico de amigo
e na súa boca quedou collida a miña alma
seus dentes asexaban a miña lingua
súas mans a miña pel cultivaban
as miñas tamén a buscaron
parándose nas nádegas
seguiu refregando e buscando
ate atopar o que desexaba
deixoume a boca libre
baixando ate onde el estaba
relamendo, chuchando, comprobando
o poder da turxescencia fixada
erguín ao ceo as mans
e nos seus peitos as pousaba
tenteei a súa dureza, seus pezóns erguidos
dinlle a volta a meu corpo
para ver de axudala
na labor que tiña
que a min xa me apuraba
cadrando a miña boca
con a cova que soñaba
explorei en derredor
e a entrada que enseaba
penetrando sen temor
coa miña lingua desbocada
bebín de aquela fonte
o líquido que brotaba
mais a urxencia e rigor
un abrazo reclamaba
colocándose enriba de min
na postura a carranchas
baixábase, subíase
e a min xa me chegaba
mais de súpeto xirouse
dicíndome que a montara
¡qué pracer case infinito!
foi a mellor cabalgada
con amigas como esta
non preciso de máis nada.

O tempo foxe

Alóxanse segundos en corpos de cera,
queimo minutos de triste espera,
arde o reloxo contando as horas,
canto máis o penso os días vanse fora,
os meses foxen do calendario,
os anos moven os díxitos ao seu antollo,
de tal sorte, que non saberás que ano corre,
tan só terás a pista, do meu abandono,
da ruína física do meu corpo,
do tráxico esperpento no que me convertín.
Xa conto o tempo en graos de area,
baleiro a praia alongando o momento,
cando o sol se pon, xiro o movemento,
do calidoscopio dos meus sentimentos,
afánome buscando aquí no máis fondo,
e só a auga co ir e vindo,
transporta esa grava que me vai facendo,
máis fráxil que antes, máis débil, lixeiro,
mentres o tictac que segue contando,
no seu longo camiño sen esperar a ninguén,
prosegue engadindo átomo a átomo,
construíndo unha vida que se vai morrendo.

Para ver e non tocar

Amosábase unha vez, unha bolboreta,
livián, de fermosísimas cores,
mirábaa pasmado un cativo,
que ao ver que pousaba, a colle entre os dedos.
Cae o fino po das ás do insecto,
amedrentado pola fraxilidade a solta o neno,
e vai ao chan desfeita e sen brillo.
Tenta de voar, pero non pode,
dando tombos vai baténdose na terra
e o rapaz dille entre xemidos,
“Vete xa, fuxe, que te vai coller un bicho”
Sen darse conta de que o bicho xa a collera.

Sen resposta

Polo fío do coitelo navegando,
atopeite virando xa na outra punta,
e sen tempo para falarche, disimulando,
fúcheste sen escoitar a miña pregunta.

No ar cal ruxido queixeiro,
quedouse colgado o gran estertor,
e pensaches que dicía que me morro,
cando implorábache so un favor.

Coma tan interesada estabas,
non era cousa de mirar en derredor,
diante esperabas e amorriñabas,
detrás había un pasado perdedor.

Non só ar

Quero ser esa brisa lene,
que acariña o túa faciana (case sen tocarte)
que che refresca as tempas (sen colleres friaxe)
quero ser ese ventiño que sopra o teu van,
que te empuxa nas costas sen apurarte,
que lévache ao paso no chairo sen amolarte,
quero ser ese ar,
que se remoe na esquina e érgueche a saia,
que sóbeche polas pernas deixando ver a braga,
e se morro,
virei e soprareiche así como digo, como eu quero.

¿Ti cres?

Onde van as verbas ocas?
onde os resentimentos de antano?
onde aquelo qué me dicías?
onde están os desenganos?

Hoxe disfrutas dese amor que te desborda,
ese amor que te enche e supera,
que é quizá un amor de primavera,
que disípache a lágrima e a dicha engorda.

Mañá será outro día, outra dúbida esquecida,
e dirás se valía o amor que denantes dábaseche,
mañá, ao espertar deste sono,
verás que ese tempo fíxose pequeno.

Volverás a ser escorregadiza,
a sombra escura, a fácil lágrima,
e a cumprir a túa penitencia,
imposta sen que mediara sentencia,
porque crees que es ti e que non tes cura.

O vello

Na soedade de este cuarto sen luz,
e a pesares de non precisar vista para isto,
aínda podo notar como o inverno,
tralla sen piedade o vidro da xanela,
co seu vento e auga xeada.

As veces abro a fiestra,
para que a natureza me azote a cara,
e sentir ledo o tremendo contacto,
pois soamente e xa o que me queda.

O persoal entra e sae da peza,
sen falar nada comigo,
eu nin os oio, nin os vexo,
sei que están aquí,
cando me dan nos pes,
coas ferramentas da limpeza,
ou cando poñen algo enriba da mesa,
non sei, nin ora, nin día, nin mes, nin ano,
só sei que o tempo pasa.



Alguén cúrtame o pelo cando está longo,
e tamén as unllas,
sigo afeitándome eu só,
non preciso verme para iso.

Algún día ven alguén,
e coas súas mans quentes colle as miñas frías,
sen dicirme ren, acaríciamas,
non sei quen será... nin se me di algo,
¿e se é algún coñecido?...¡oh Deus!