Muñeira

Muñeira
Oleo del pintor Portas Leirado

7 ago 2013

Espértame para almorzar





Non podo darche a lúa,
pero sí achegarte a ela cos meus versos.


Quizais miñas mans non alcancen
a entregarche todo canto mereces,
pero verás nos meus ollos o amor que te teño.


É probable que meus pasos
non vaian na dirección dos teus,
pero meus pés gardarán as túas pegadas.


 Se no camiño nos xuntásemos,
meus brazos arremedarían ás enredadeiras
para apertarse a teu corpo
e os meus beizos procurarían os teus
só para almorzar teus bicos.

13 may 2013

Declaración de intencións



E se a natureza me convertera
noutra cousa que non fora humano?
podendo escoller …

Se fora bicho, sería vagalume,
tentaría de alumarche o camiño
co meu foco, sempre prendido de noite.
Se fora herba, gustaríame ser Herba Abelleira,
sementando o aroma todo arredor
e cas traballadoras da mel zumbando.
E se fora árbore, un carballo que che dera sombra
nos días de sol quente, mentres o teu corpo
deitado ao meu carón lee un libro de poesía.
Se fose paxaro, un Papo Rubio para que che gustara
verme e de cando en vez cantarche un pouco.
De ser outro animal, preferiría ser cabalo,
para pasearte sentada no meu lombo.

Pero sendo humano, recoñézome coma o máis humilde
dos teus servos, disposto a facer canto esté ao alcance
da miña man, para que sexas feliz.

9 may 2013

A unha ave que pasou por aquí



Nun descoido deixei a xanela aberta
e sen permiso colouse dentro
unha ave namoradeira
que levou o meu corazón con ela,
colleuno coas súas as
e acariñouno entre as plumas.

Ao calor daquelas caricias,
ó corazón deixouse ir e ferveu de amor
por aquel ser voador que voando se foi,
deixando as miñas entrañas doídas
e cheas dun profundo amargor.

Mais na primavera seguinte,
outra ave anxelical pousouse ao meu carón,
cobizouse onda min e ofrecinlle o meu cariño,
fixemos o noso niño cos folgos dese amor
e ao chegar a invernía emigrou cara o seu pais.

Está visto que non son quen de manter
ao meu lado a ningunha andoriña,
que mantén a costume de voar noutras
latitudes afastadas do meu niño,
e so quédame por preguntar
¿cómo podes vivir tan lonxe de min
ave do meu paraíso?

26 mar 2013

A solista da Banda



Tocabas a frauta traveseira
e o teu encanto alelaba,
aos trinta mil oíntes pendentes
da dozura das notas que espallabas ao ar,
presinto que a peza musical
que viña da gran orquestra,
a nos tíñanos sen coidado,
pois so escoitabamos o teu instrumento.

Ti allea ao fervor da xente,
seguías ao teu sen reparar noutra cousa,
e nos, bobiños coma estabamos
aplaudímoste sen darnos conta
que a peza non rematara
obrigando ao director a parar a orquestra.

Foi entón cando te deches conta
de que era a ti a quen aplaudíamos,
e ti moi humildemente nos saudaches,
o director mandou comezar de novo
e nos tornamos a soñar.