Tocabas a frauta
traveseira
e o teu encanto alelaba,
aos trinta mil
oíntes pendentes
da dozura das
notas que espallabas ao ar,
presinto que a
peza musical
que viña da gran
orquestra,
a nos tíñanos
sen coidado,
pois so
escoitabamos o teu instrumento.
Ti allea ao
fervor da xente,
seguías ao teu
sen reparar noutra cousa,
e nos, bobiños
coma estabamos
aplaudímoste sen
darnos conta
que a peza non
rematara
obrigando ao
director a parar a orquestra.
Foi entón cando
te deches conta
de que era a ti
a quen aplaudíamos,
e ti moi
humildemente nos saudaches,
o director
mandou comezar de novo
e nos tornamos a
soñar.
2 comentarios:
Cando a música fai soñar aleda o corazón, serea o ánimo e semella que tamen pode dar forma as palabras...
Certamente, sobre todo cando a imaxinación pode voar.
Graciñas polo teu comentario, sempre é de agradecer que alguén coma ti me lea.
Publicar un comentario