Muñeira

Muñeira
Oleo del pintor Portas Leirado

28 sept 2012

Xefe de clá





Dixen que te erguería ao ceo e serías aclamada.

Floreciches aquela primavera coma unha rosa,

a túa fama subiu coma un globo de helio

e aínda que ao principio recoñeciches o meu traballo,

mostrándote xenerosa e de bon trato,

logo esqueceche o noso acordo

esquivando o canon e a presenza,

aletargándote nun inverno sen volta, 

houben de facer sitio a outras máis novas,

cumpridoras dos pactos

e tiven que baixarte,

ao mesmo sitio do que saíras.

Comprende que eu vivo disto,

que non me importa quen está enriba ou debaixo,

a todas acomodo e teño o meu prezo,

aviseite de cumprir o noso contrato,

pero ti, na cima da fama,

pensaches que eras poderosa e hábil

para deixarme de lado evitando o pago,

que coma enchías o aforo da sala,

eras independente e non me precisabas,

agora ¿por qué me miras?

o teu tempo rematou.

22 sept 2012

Nómade




Erguese sempre 

co sorriso nos beizos, 

coa luminosidade do novo día.


A súa equipaxe está permanentemente feita e a man,

por se debe cambiar a orientación dos seus pasos.


Non precisa moitos cartos,

nin cargarse de débedas, recordos,

nin obxectos superfluos,

vive o presente,

o futuro sorprendelle e alédao cada mañá.


Os seus ollos son da cor do ceo,

no seu horizonte non hai outra cousa.


Coñece cada palmo da terra pisada

coma cidadán do mundo,

recórreo de punta a punta

sen atopar fronteiras 

e aí é onde vive.


Entendese con todos,

coma todos poden entendelo facilmente,

seus irmáns do norte, 

son coma os do sur aínda que teñan a pel máis clara.

Mulleres




Mulleres, todas me feriron…

e amáronme todas…

eu tamén as amei,

¡diaños, e cómo as amei!

¿acaso debo votarme a culpa por iso?

¿merezo castigo por elo?

se cadra sí, por non ter en conta as consecuencias,

por confiar nunha igualdade de nobreza,

por crelas de corazón nobre,

quizais non fun coma elas esperaban…

de calquera xeito,

seguramente non esperamos o suficiente,

nin elas, nin eu.

30 ago 2012

Máis ruído que …




Esquecido o ruído das noces anteriores,

outra vez penetramos no labirinto do insomne

e non haberá quen poida acocharse,

do estremecedor silencio na loita de cada volta,

máis se ao virar atopas que che falta o ar,

decátate que estás lonxe dunha posible saída

e so nos temos o un ao outro,

ninguén máis pode axudarnos neste enmarañado

escorregar do tempo que se nos vai entre os dedos,

quizais se os pechamos e esquecémonos,

desta maraña de xiros que nos ten a rentes da tolemia,

ganemos entón o tempo que nos fai falla para entendernos,

para comunicarnos sen medo a enredos nos miolos,

coa confianza que precisan dúas persoas que beben os mesmos ventos.