Esquecido o ruído das noces anteriores,
outra vez penetramos no labirinto do
insomne
e non haberá quen poida acocharse,
do estremecedor silencio na loita de cada
volta,
máis se ao virar atopas que che falta o ar,
decátate que estás lonxe dunha posible saída
e so nos temos o un ao outro,
ninguén máis pode axudarnos neste
enmarañado
escorregar do tempo que se nos vai entre
os dedos,
quizais se os pechamos e esquecémonos,
desta maraña de xiros que nos ten a rentes
da tolemia,
ganemos entón o tempo que nos fai falla
para entendernos,
para comunicarnos sen medo a enredos nos
miolos,
coa confianza que precisan dúas persoas
que beben os mesmos ventos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario