Estamos cheos de horror,
debullando medo sen velo xeito
dun amaño tan sequera a nivel local,
cunha crise inventada e colocada
por xente sen escrúpulo ningún,
xente sen educación moral,
aos que tanto lle ten o dano que fan,
e os dirixentes que pretenden pescar
troitas
neste río revolto da política económica,
non miran tampouco de salvar os mobles
do pouco que queda a rentes dos cidadáns.
Deste xeito o persoal transita entre o
paro
e o traballo fortuíto que con moita sorte,
pode aparecerlle a alguén.
Familias enteiras viven da caridade,
os enfermos por medo a ter que pagar
as menciñas co escaso carto que aínda
teñen,
prefiren
curar con medios naturais ou morrer,
a maioría rexeita formar parte das
interminables listas de espera.
As garderías e colexios infantís quedarán
desertas
ao non poder sufragar os gastos.
Esta é a imaxe que un renegado desta
terra,
da do seu pais polo mundo adiante,
inútil, ignorante, larchán, coma un
feirante,
vai vendendo o que non ten noutros países
co escoitan.
No hay comentarios:
Publicar un comentario