Hoxe maldicín o teu nome recordándote,
maldicinte por ter que recordarte sen poder mirarte,
por non poder bicarte,
por non poder acariñar a túa pel,
por non ter os teus aloumiños,
nin os teus bicos,
por ser so unha imaxe no meu maxín,
sen poder escoitar a túa voz,
nin poder dicirche que te sigo querendo..
4 comentarios:
Ainda que o titulo do poem e " Anónimo ",pensó que o nome da persoa que un día amamos e que añoramos , endexamais se esquece. Outra cosa e que non queramos pronuncialo porque nos produce dor.
Xa, esa é unha opción, pero hai máis, por exemplo que non queira que se saiba …
Moitas grazas por lerme e comentarme amiga miña.
Bicos.
Contar o tempo cara atrás, facer perguiza dos recordos, esquecer non é doado pero si nos é dado. Precioso poema, cheiño de tristura e sentimento.
Graciñas Maribel, pola túa visita e comentario. Tes moita razón no que me dis, non é doado esquecer, nin sequera e doado saber se hai intención de esquecer ou se esta maneira de recordar en versos é revivir dalgún xeito o pasado.
Bicos
Publicar un comentario