Ese ano que fuxe agochado
nas sombras da tristura,
lévase o amor dunha muller
feiticeira chea de galanura,
cuns olliños coma cristais de Swarovski
e unha voz melosa, agarimosa.
Pro a indiferenza murchou
toda flor de primavera desnortada.
Cavilou que iríalle mellor unha viaxe
que aturarme a min e deixoume
anclado no meu presente
sen posibilidade de albiscar o futuro con ela.
6 comentarios:
Ben. Igual a calquera hora aparece outra... Aínda que non teña a mirada coma esta, pero que encha o espazo cun sorriso...
Graciñas Concha por aturarme e seguir a ler as miñas palabras.
Agradezoche tamén os ánimos que me das con esa posibilidade. Tes razón, se cadra aparece alguén, porqué non?
Bicos
Ao millor o futuro con ela, non era tal.
E, sempre haberá outra, mellor, sen dúbida.
Bicos.
O swarovski a min as veces, paréceme talmente un engano.
Nunca se sabe Ana, o futuro non é unha cousa que se poida coller coa man, agardemos pola do sorriso...
Enganase o que quer Ana, todo o mundo sabe que son cristais.
É a vida, o tempo que non se detén aínda que busquemos e teñamos ese momento preciso para ancorarnos, sempre o reloxo camiña de novo. Unha apertiña e un sorriso.
Sí, poida que teñas razón Maribel, en calquer caso, o reloxo pódese deter, máis o tempo non espera a ninguén.
Publicar un comentario