Froito da conversa que tivemos,
pariches un razoamento
que foi crecendo,
cando comprendín
Eu son meu soamente
e ninguén me ten,
porque non me quere.
De primeiras asolagoume
mais logo fun sacando
a faciana cara arriba
e chapuzando aínda
no meu desconcerto,
sentín latexar o meu peito,
enchéndome de savia nova,
ata a derradeira rama.
A ilustración é copia de Dibujos de árboles para colorear de Internet
2 comentarios:
Para seguir adiante, hai que empaparse se savia cada día, de savia nova. E de savia vella... Todo é bo. Menos virse abaixo!
Bicos.
Pois tes razón Concha, pro as veces non queda humedade dabondo.
Graciñas polas túas letras.
Publicar un comentario