Teño que facerche un conto
con verbas moi ben tecidas,
cosidas con fío dental,
para que viaxen xuntas desde que saian da boca.
Es o meu segredo ao descuberto,
o meu pensamento fundamental do día,
a ánima pola que iría ao mesmísimo inferno.
Non quero perder a ledicia das bolboretas
que tes por pestanas.
Non quero quedar sen o roce do teu corpo,
sen o voo das pombas que tes por mans,
sen o recendo desa aura que portas,
sen esa luz que aluma a escena
cando ti estás nela.
6 comentarios:
Tecemos verbas similares neste verán de calor e luz. Precioso poema, precioso sentimento. Biquiños dende a lúa.
Xa vin o teu blog e tes razón, deunos aos dous por tecer verbas cos mesmos sentires máis ou menos.
Graciñas por seguir a lerme e polo comentario.
Un acio de bicos pra ti.
É un pracer volverche a ler e máis porque se nota unha evolución, un xeito de facer diferente.
Estou equivocada?
Gustoume esta preciosa declaración.
Non o sei, ti es nai, o sentimento non se moldea, sae tal cal de dentro e eu non son quén de dicir se evoluciona, seguramente tes razón e eu non o percibo, pero todas as evolucións son boas, a lo menos de principio, suponse que iso leva consigo unha mellora, así que oxalá así sea.
Moitas grazas paisana, por acompañar o meu paso por este val de letras.
Un acio de bicos pra ti.
Ups! Se me din isto a min... Salto!
Que fermosas palabras!
Saúdos.
Moitas grazas Concha, por lerme e comentar, aledome moito de que che gusten os meus versos e espero que veñas máis veces.
Cordiais saúdos.
Publicar un comentario