A Parca volveu a quedar embarazada,
seus fillos teñen fame e o sangue
non chega para encher todas as bocas.
Por riba da miña cabeza revoan os mosquitos,
parecen voitres ao asexo da súa presa,
por qué será que estes bichos saben
atopar tan facilmente a porcallada.
Alguén me dixo que arrecendo a flores,
certo, coma as funerarias, a flores de defunto.
Hoxe o sol púxose na mais amencer,
e unha negra escuridade sumiu o día.
Unha nube baleiroume o seu contido gris
e empapoume as roupas e os osos,
¡teño frío, mai!
e xa nada nin ninguén pode abrigarme.
8 comentarios:
Sacode a alma a descrición que fixeches da morte nas túas letras. As palabras cobran forza ao longo e ancho de toda a poesía para darlle luz á sombra que arroxa a parca. Moi bo, irmán. Como sempre digo, é un enorme gusto pasar pola túa casa e percorrer os teus versos. Deixo un abrazo.
"...A Parca volveu a quedar embarazada,
seus fillos teñen fame e o sangue
non chega para encher todas as bocas..."
Parécenos moi interesante a imaxe que reflexas en estes versos, sen dúbida tal imaxe dálle forza ó poema e conforma claramente a noso entender, o núcleo esencial do mesmo. Unha boa estruturación e articulación, que fan que o mesmo adquira unha peculiar sonoridade e cadencia. Un saúdo, Grupo Poético Brétema
Xa che dixen noutro espazo o que pensaba de este poema, pero volvíno a ler e todo crispouse de novo.
Coido que e do millor que escribiches ata agora, bon que eu lera.
Inquietante.
Un acio de bicos
É moi gratificante verte nas miñas letras Dante, é mais, sempre tes palabras que arroupan o meu defenestrado ego.
Moitas grazas por ser como es, e por estar sempre.
Unha aperta.
Graciñas polas túas palabras, paisana, foi un chisco de inspiración nun momento triste e escuro.
Un acio de bicos.
Querido compañeiro: Que triste poema! É coma un puño afogando o corazón.
Que a miña man amiga e o meu bico poñan luz entre a néboa.
Moitas grazas Brétema, pola visita e por estas verbas no comentario, anímame moito a seguir aprendendo.
Saúdos cordiais.
Moitas grazas pola túa visita Conchi, é unha ledicia verte polas miñas letras.
Ben certo, ese era mais ou menos como me sentía nese intre da escrita.
Graciñas pola túa man amiga.
Un acio de bicos pra ti.
Publicar un comentario