Déixame os beixos meu ben,
a rentes dos meus beizos,
e se non estou,
bótamos,
que mos traia o ar,
con eles virá a túa imaxe,
recordos enguedellados,
teño saudade de ti,
preciso estar ao teu carón,
escoitar a túa voz,
sentir os teus aloumiños,
¡morro polos teus bicos!
¡morro por unha aperta túa!
12 comentarios:
No sé dónde andas estos días. No lo sé, pero mientras sigas pariendo estos poemas, bien está el lugar en el que te encuentres.
Ya te lo he dicho: enguedellar es una de las palabras que se me enguedellan a mí habitualmente.
En serio, precioso.
Estou no mesmo sitio Ana, non me movín de aquí, chámase Limiñón.
Encántame que che guste o meu poema paisana e agradézoche, que me leas e me digas estas cousas nos comentarios.
Un acio de bicos para ti.
Como sexa, co vento ou o mar, pero que os bicos da amada cheguen. Moi boas letras para pedilos. Sempre é un gustazo lerche, irmán. Deixo un abrazo.
Tes razón compañeiro, compre telos sempre preto e pedilos, hainos que pedir sempre para que se vexa o intres en telos.
É un pracer terte polas miñas verbas Dante.
Unha aperta.
Hola: bueno tienes un premio, pasate por mi blog para recogerlo
http://brancala.blogspot.com
Bicos
Hola Balteu. si que me paseo polo teu blog de vez en cando e gustame.Estou encantada de que me visites.O mundo dos blogs é un pouco así...non sabemos como pero aterrizamos neles. Biquiños
É cicais un estado marabilloso o de Enamorado......que eses bicos o ar volvan en formas de caricias.....Sorte e saúde
Benquerido paisano, grazas pola túa visita a nosa casa e grazas por facer que poidamos ollar a túa. Parécenos interesante e formativa, enxebre e agarimosa. Gostaríanos agasallarte do mesmo xeito con que ti nos agasallaches (facéndonos visitantes asiduos do teu blog) pero non atopamos por ningures xeito de seguirte. "Quid pro quo"... Obrigado é corresponder a túa xentileza e farémolo engadindo a túa bitácora (blog) na nosa sección de "Páxinas amigas"
A xeito de comentario dicirche un segredo: Os bicos ao ar nunca se perden... expallanse e chegan rumorosos coma pingas de orballo que embelecen de "te quieros" a faciana do ser amado. Unha aperta, Grupo Poético Brétema.
Moitas grazas polas túas visitas Brancalúa, é unha ledicia atopar unha pegada amiga, agradézoche os comentarios e os bos desexos.
Un acio de bicos para ti.
Foi unha grata sorpresa atoparvos na rede, Brétema, posto que non sabía de vos, lin todo o que puiden con ledicia e co voso permiso, recuncarei cando poida.
Non tiña posto nada para “seguidores” porque non sabía cómo se facía, pero xa está posto.
Moitas grazas pola visita e volvede cando queirades, tamén é a vosa casa.
Unha aperta.
Hello,
I'm seeking help for the kids of Haiti.
I'm at this site for a non-profit group in which the main focus is to
building oppurtunities for the kids in haiti. If anyone wants to help then then please do so here:
[url=http://universallearningcentre.org]Donate to Haiti[/url] or Help Haiti
They provide kids in Haiti a positive outlook through education.
Please check it out, they are legitimate.
Please give
I regret the confusion, but this is a purely literary blog, no other information or notification, please find another place to edit your writing.
Publicar un comentario