Muñeira

Muñeira
Oleo del pintor Portas Leirado

31 ene 2009

Soño ou realidade

Espertar deste soño deixoume inconsciente,
estou cego, parvo, non me decato certamente,
quixera non haber espertado desta ilusión.

Pechar os ollos… e seguir durmindo,
por soñarte preto, por estar queréndote.

Ao pensar en ti con este silencio,
que os sonos tolos traen a miña mente,
sácoche temores e sumo ánimos,
para que esa vida de constantes cambios,
saia adiante, forte e sen agravios,
que eses “quérote” noutrora infundados,
sexan tan reais, como agora mesmo, eu estoute amando…

16 ene 2009

Ai ausencias…

Ai ausencias que matan a anima,
que feren no máis fondo,
que marcan unha distancia,
que en lembranzas traen esquecidos.

Son ausencias que claman recendos,
de seres distantes, de seres queridos,
de afastados tempos, de bicos perdidos,
de cariños ausentes, de brazos tendidos.

Ai ausencias que con as súas nostalxias,
nos volven silentes, húmidos,
calcínannos a mente, o sentido,
fannos sensibles e máis emotivos.

Son ausencias que róubannos a calma,
que enchen o noso tempo,
con recoñecementos baldíos,
suxerindo estampas de momentos vividos.

1 ene 2009

Desculpa

Hoxe parece o teu humor estragado,
é quizá por culpa miña?
é por non terte atendido?
por non estar onde debía?
Non parei de moverme,
nun cansado boureo,
agora aquí, despois alí
e algo debín de perderme,
mais xúroche ¡meu xasmín!
que non esquecinme de ti,
nin deixei de quererte.
Que cando un home está só,
acumuláselle o traballo,
e aínda que moito controlo,
o tempo votáseche enriba,
e vaise todo ao carallo.
Por iso, só por iso,
pido non teñas en conta,
que non estivera presente,
¡que non quixen facerche aldraxe!
e o non verte, tamén é magoa.

26 dic 2008

Soneto de amor

Debaixo da mirada desta lúa chea,
miña namorada recostase en min,
sentindo un sopro de quietude serea,
tan cheo deste gozo nunca me sentín.

Aloumiños e bicos de os dous xurdiron,
medrados entón con un gran frenesí,
as roupas de súpeto ao chan caeron,
deixándose os corpos sen volver en si.

A lúa ao desexo con voz doce chama,
alleos ao mundo seguemos alí,
e o meu corazón de paixón fai flama.

Ese amor tan grande, fixo a dona en min,
para dous amantes que seu amor expoñen,
dous seres se queiman con ardor febril.

19 dic 2008

Anoto

Vou polo enguedellado camiño da palabra,
aquí descubro a falacia do verbo oco,
máis alá, atopo o efémero da voz,
alí, o impreciso uso do vocábulo vano,
a mensaxe absurda e inevitable,
a sinal auditiva máis obtusa,
ou a imaxe irrevogable,
o termo incontestable evitado,
a expresión sumida no paroxismo,
o dito lanzado ao infinito do abismo,
a dicción impronunciable do escrito,
a fachendosa elocuencia da pedantería,
a terminoloxía codificada da técnica,
a linguaxe choqueira da vulgaridade,
o discurso interminable da política,
o léxico inquebrantable da xustiza,
a retórica metafísica da cultura,
e aférrome ao artista da caligrafía,
que pon o corazón en cada letra,
que impulso o seu documento coa súa ánima.

18 dic 2008

Amor

Debaixo da mirada desta lúa chea,
miña namorada recostase en min,
sentindo un sopro de quietude serea,
tan cheo deste gozo nunca me sentín.

Aloumiños e bicos de os dous xurdiron,
medrados entón con un gran frenesí,
as roupas de súpeto ao chan caeron,
deixándose os corpos sen volver en si.

A lúa ao desexo con voz doce chama,
alleos ao mundo seguemos alí,
e o meu corazón de paixón fai flama.

Ese amor tan grande, fixo a dona en min,
para dous amantes que seu amor expoñen,
dous seres se queiman con ardor febril.

2 dic 2008

Ca miña verdade por diante

Namentres dos meus ollos saian bagoas
que afoguen os mares,
bagoas que amarguen a mel
que de teus beixos saen,
non ei de escorregar o vulto
deste meu corpo infame,
e mirareite de fronte,
a pesares das verbas,
a pesares dos xestos,
que fagas ti por calarme,
ti podes ter a razón,
o manexo,
complicidade
de familia e amizade,
e eu a soidade,
mais,
o meu está a vista,
non se acocha,
nin covarde
fai dos demais bandeira,
nin exemplo para nadie.

13 nov 2008

Lixeira coma o vento

Coma o vento que fuxe, así es ti,
correndo a todas partes, sen deter.
Déixame que esgote a miña anima,
na procura da túa ledicia, ¡meu ben!

Coma o vento do norte, así es ti,
meténdote por todas as rendixas
do corazón das persoas,
e deixándolles un tremor de friaxe evanescente.

Coma esa ventada que arremuíña
os papeis nas rúas das cidades,
ou as follas dos carballos nos montes,
así es ti, toda enerxía que barre as angustias da xente.

8 nov 2008

Dóame esa voz

Con só unha palabra túa,
o meu ánimo sublímase,
bórranseme os recordos,
non sei nin por onde ando.

Con esa palabra túa,
dáslle as a miña anima,
cruzo mares e desertos,
e todo o farei voando.

Se teño esa palabra túa,
o corazón pedirá calma,
para non agachar sentimentos,
e poder seguir amando.

3 nov 2008

O ar…

O ar de paxaros,
morno e nidio,
trae lembranzas esquecidas,
e un recendo a niño vello,
a ovos sen pitos,
caducados.
O ar de plumaxes variados,
enrarecese por momentos,
e ate fede,
a orgasmos levedados,
a carne e sangue podre,
a mexos sen esquinas, resecados.
O ar quentase máis agora,
cando o disco vermello proxectado,
abrásanos coa súa chuvia caladora,
facéndonos suar por riba do pasado.
O ar que penetra nos sentidos,
resécanos as entrañas e as venas,
deixando os nosos mundos consentidos,
entrando no que non vimos apenas.