Onte a noite soñei co sol do teu sorriso
e unha calor pendurou nos meus beizos a flor da ledicia,
nin imaxinarte podes comprender o meu gozo,
atopei un intre de felicidade, mais …
ao espertar e notar a túa falta,
nuboeiros cheos de auga bateáronme a face.
2 comentarios:
Soño e realidade se mesturan nese momento incerto do amencer, no que se espreguiza o entendemento.
O malo é espertar de todo! Ou quizais non tanto! Axuda a seguir camiñando.
Tes razón Concha, as veces non é tan malo, é coma unha lostregada que che obriga a camiñar de novo.
Graciñas polas túas palabras.
Publicar un comentario