O xoves día 19 de maio, participei nun recital de homenaxe a Lois Pereiro xunto aos meus compañeiros do grupo Diversos de poesía, aquí poño o cartel anunciador e o poema que recitei.
Poema póstumo (1992-94): Curiosidade
Saber que está un a morte
e o corpo é unha imaxe de batalla,
unha carnicería no cerebro.
Permitirías ti, amor deserto,
que nesta febre penitente abrise
a derradeira porta e a pechase
detrás miña, sonámbulo e impasible,
ou porías o pé
entre ela e o destino?
Novembro, 92
4 comentarios:
Desgarrador poema, coma todos os de Pereiro.
Tes razón Concha, é un poema desgarrador porque sabe xa o final e tenta de agarrarse a ese pé ilusorio, coma se fora un cravo ardendo, por iso ten unha carnicería no cerebro, de pensar, de loitar contra ese destino.
Graciñas por seguir léndome.
Bicos
Lois Pereiro foi un descubremento maravilloso e doce coma un carámelo. Un fermoso poema. Biquiños
Tes razón Maribel, foi un poeta breve pero intenso, cunha poesía desgarradora, verídica e fácil de comprender.
Graciñas por pasar por aquí e deixarme o teu comentario.
Bicos
Publicar un comentario