Na túa ausencia non creo. Respírote,
gorento a túa esencia que gardo na miña caixa forte,
só a saco nestas ocasións,
cando te voto a faltar,
así énchome de ti e sobrepóñome.
Tamén mírome no espello,
para verte impresa na miña retina,
tan viva, que ata falo contigo
e non fai falta que respondas,
xa o fago eu por ti
4 comentarios:
Amigo Balteu...sempre pasa o mesmo, vótase en falta a alguén cando xa non existe ou canso-sa...fuxiu...
Un bico.
Ese recordo, esa imaxe, que permanece impresa na pel e que regresa a nós unha e outra vez, describíchela marabillosamente ben no teu poema.
Gustoume.
Bicos
Seguramente tes razón, compañeira.
Moitas grazas por pasar por aquí e deixarme pegadas das túas plumas.
Un acio de bicos pra ti.
Moitas grazas paisana, un sempre trata de facelo o mellor posible e non sempre se consegue o que un quere, pero agradecese moito a visión particular dos demais.
Un acio de bicos pra ti.
Publicar un comentario