O inverno empurra ao outono,
para que lle deixe o seu sitio.
A esponxa verde luce unha capa de múltiples cores,
coma unha colaxe de natureza queda,
que as árbores tributan ao ano.
E as nubes debuxan finísimas gotas perladas ás veces,
coma xogando a ser neve.
Os poucos paxaros que quedan,
van amortallando os seus trinos,
para colocalos na embalaxe do silencio.
A noite pecha as persianas,
para ocupar máis espazo
e a tímida lúa a penas é quen de amosarse,
nalgunha regaña entre os cúmulos e nimbos,
todo arrola cara ao letargo dos soños.
6 comentarios:
Pero dese letargo, que non é tal, saen cousas tan bonitas como este último poema teu.
Os soños, ás veces, non se adormentan, acóuganse para rexurdir con máis forza.
Bicos.
Tes razón compañeira, acougarei algún para ver de que rexurda como dis.
Alédome moito de que che guste o meu poema e agradézoche a túa dedicación, a lerme e comentarme.
Un acio de bicos pra ti.
Me encanta la musicalidad de tu idioma, me encanta leer en voz alta y darle sentido a cada verso.
El invierno también tiene magia, en su regazo dejamos guardadas las esperanzas para una próxima primavera
Un abrazo
Pilar
Muchas gracias por tu visita y comentario, es un honor para mí y un detalle que valoro mucho, sabiendo lo ocupada que estás.
Todas las estaciones tienen su magia y es una suerte para los que tenéis esperanzas, encontrar un regazo, aunque sea en el invierno, guardándolas para mejores tiempos.
Bicos.
Sempre haberá unha luz, colándose polas persianas, para evitar o letargo dos soños. Sempre..Bicos
Buscaremos a luz para non quedar aletargados e deixaremos o sono no seu sitio.
Moitas grazas Maribel por dedicarme parte do teu tempo.
Bicos
Publicar un comentario