Non busco atopar a túa présa por acubillarme no teu regazo,
tampouco acercarme a ti polo recendo,
tan só quero escoitar a túa fala,
oír como recitas o teu poema,
como enfías verso con verso,
como debuxas no ar
as verbas que flúen francas e sinxelas,
como chegan ao meu oído atento,
cantareiras,
coma no nacemento dun regato,
e como ao final
sempre sorprendes con un xiro inesperado
que nos colga o sorriso na faciana.
6 comentarios:
Os amigos, amigos sempre se lles escoita porque das súas verbas sempre se aprende.
Un agarimoso saúdo.
Xentil Ave peregrina, é moi gratificante recibir o teu comentario, tes moita razón, sempre se aprende de todos, mais dos amigos, moitísimo máis.
Graciñas pola túa visita as miñas verbas.
Un acio de bicos pra ti.
Precioso poema, entrega e xenerosidade. De parte dos dous, exemplo de admiración e honestidade. Biquiños
Moitas grazas Maribel, es moi amable e é unha ledicia atoparche polas miñas letras.
Un acio de bicos pra ti.
Desde Brétema para ti y los tuyos, un sueño, una ilusión y una esperanza: Vivir y ser feliz.
Que esta noche sea mágica, especial e inolvidable. Felices Fiestas y un Próspero año nuevo 2010.
Grupo Brétema.
Muchas gracias compañeros de Brétema, es un placer encontraros por mis letras y más en fechas tan señaladas y con ese mensaje tan bonito.
También os deseo unas muy felices fiestas de Nadal y que el año próximo, os traiga cumplidos vuestros deseos.
Apertas e bicos.
Publicar un comentario