Xunto a vós sinto chorar ao tenro infante,
á quen un día xa distante eu arrolei,
non é o mesmo que aquel dos tempos da ledicia,
que co seu sorriso iluminaba a nosa pel,
agora torna sumido nun catre,
envellecido polos vicios modernos,
que mandaron ao seu pai cara ao alivio,
e teñen desfeita a tecedora dos seus días.
Hoxe a metadona manteno calmo,
dis que mellorou moito…
mais compre dicir que é súa nai quen o mellora,
día tras día con ese amor que so ela lle pode dar.
6 comentarios:
Tristura hai no poema amigo Balteu, pero isto pasa a cotio sin querelo...
¿Quen... coma unha nai para mimalo...?
Un saúdo agarimoso.
Asun
Nin sequera obrigada. De certo que non lle custará traballo facelo.
¡Qué verbas mais duras as túas hoxe!
Deixo meus bicos.
E máis aínda Asun, sacalo do pozo onde está metido.
Admiro moito a eses pais que loitan polos seus fillos, a pesares de quedar afundidos na miseria por axudarlles, a pesares do trato que reciben a cambio moitas veces. Vai por eles, cos meus respectos.
Moitas grazas por facerme compaña nestas letras.
Un acio de bicos pra ti.
Tes razón paisana, a obriga nace dentro dela, e o fai polo amor que lle ten ao fillo.
As veces compre poñer o lado triste e real da vida, compañeira, e deume por ahí.
Graciñas por estar de novo na miña compaña.
Un acio de bicos pra ti.
Róubanos a vida aquelo que nos fai escapar dela. É importante o amor de calquera parte que veña, pero máis necesario que o enfermo desexe curarse. Biquiños
Tes razón Maribel, pero nos casos nos que a droga ocupa xa a vida do adicto, precisase unha man que o arrinque desa morte lene, e unha nai aínda co corazón ferido e capaz de iso e moito máis.
Graciñas por acompañarme nas miñas letras, a pesares da tristura que levan.
Un acio de bicos pra ti.
Publicar un comentario