Aquela tarde ditosa,
de primavera coutada,
cando por fin os nosos corpos,
de puro goce se unían,
como aquela tarde non houbo,
tan xubilosa na miña vida.
Collímonos da man,
coa respiración sostida,
amándonos ao momento,
como fixeramos sempre,
miña querida, miña adorada mulleriña.
6 comentarios:
Tardes de amor, luxuría, calma, empeño...tardes recordables, rumiadas e apetecibles. Quédanche outras 2500 ...bicos
Ola Maribel-bel, é unha ledicia verte de novo polas miñas verbas, agradézocho moito, así como ese comentario tan comprensible e cariñoso (2500 bicos, nunca aínda, ninguén me deu tantos)
Bromas aparte, case prefiro non poñer tope nin de tardes nin de bicos.
Unha morea de bicos para ti.
Deixo un acio de bicos nesta xubilosa noite, ainda sen luxuria, ainda...
Un pouco de luxuria de vez en cando, Ana, non había de virnos mal de todo, é mellor aproveitala cando aínda se pode, despois queda so no pensamento.
Graciñas por acudirme e deixar mostra de elo.
Un acio de bicos pra ti.
Boas.
Un canto ó amor moi bonito.
Un saúdo.
Alédome moito de que che guste T*I*N e agradezo a túa visita e comentario.
Un cordial saúdo.
Publicar un comentario