Vivo cego de min
triste amargura,
de non verte preto,
como quixera,
e rexeito a tolemia de esquecerte,
pola esperanza de terte todos os días.
¡Ai, feliz aquel que en todo instante,
a túa imaxe ten na súa procura!
¡como envexo eu a quen contempla,
a túa adorada galanura!
Se estiveses aquí, a miña beira,
en constante cruce de miradas,
con esa luz que irradia o teu sorriso,
non habería ninguén que me atopara.
6 comentarios:
Xa che dixen noutro espazo, apaixonados versos cheos de nostálxica tenrura.
Un acio de cereixas, ¡estan tan boas!
Xa o teño lido Ana, nembargante, graciñas polas verbas vertidas aquí, é unha ledicia que che parezan así como dis.
Un acio de bicos (non engordan)
lo esencial lo entendí, y me parecio hermoso
Bienvenida a mis letras Zarela, me alegra mucho tu visita y también que encuentres hermoso mi poema.
Un cordial saludo.
Non hai distancia algunha, irmán, que de paso ao esquecemento cando o corazón se entrega. Boas letras, para un moi bo poema. Sempre é un gusto pasar polo teu espazo. Deixo un abrazo.
Tes razón Dante, non ai distancia que valga para ese esquecemento, cando se entrega o corazón.
Celebro que che parezan boas as miñas verbas e que che gusten.
É un luxo terte por aquí léndoas e comentándoas.
Moitas grazas meu amigo.
Unha aperta.
Publicar un comentario