Serei…,
¡quén sabe o qué serei!
por seguirche a onde vaias,
serei a túa sombra…¡quizais!
por estar achegado a túa saia,
serei a brisa que te levará,
por alumar o teu camiño,
convertereime na túa aura,
serei certeza para o teu corazón,
serei deleite dos teus sentidos,
e tal vez sendo quen son,
serei a túa mesma persoa,
pois nada mellor se me asoma,
para terte e ti terme,
que estar os dous nun só,
acaroados ate a morte.
4 comentarios:
Non é doado chegar, ler, rematar e elixir.
Non escollo, non e preciso. Fico con as duas.
Bicos.
Póñoa nos dous para que non se me queixe ninguén, así cada un que lea onde queira, e se coma ti escolle os dous moito mellor.
Graciñas compañeira.
Un bico.
Namorados versos, compañeiro. A entrega a ese amor verdadeiro déixase ver en cada un destes versos. Como sempre, é un gusto pasar polas túas letras. Deixo un abrazo.
Graciñas compañeiro, é unha ledicia verte preto das miñas verbas.
Un abrazo.
Publicar un comentario