No corredor da morte da miña vida afastado
de ti,
sinto a friaxe das húmidas paredes dos
ollos
cando lembro a túa imaxe e meu maxín
móstrame
as diapositivas dos momentos vividos ao
teu carón.
Cego entón, coa escuridade da falta de
luz, pero
cos sentidos do olfacto e oído en alerta
vermella,
por
se tentaras de aproximarte aproveitando a negrura,
concéntrome no ruído que fai o vacío do
silencio.
Sen dubida algunha derrámome polo
precipicio
da esperanza e empurrado pola fe, creo que
podemos
chegar a negociar un acordo de relación
asistida de un
coa presenza testemuñal do outro.
Despois de todo coñecémonos non? e facemos
boa parella.
No hay comentarios:
Publicar un comentario